Shōtoku Taisi flanqueado por Eguri (irmán) e Yamashiro (primoxénito) en.wikipedia.org |
marzo:
morre Gregorio I, o primeiro bispo de Roma enérxico desde Xelasio I. Os beneditinos aumentan o seu poder fronte os
bispos. Non é un gran teólogo pero inflúe na doutrina en anos posteriores:
anxos e demos, purgatorio, penitencia, milagres, reliquias, …; regula o canto
nos mosteiros (‘canto gregoriano’, inda que non se refire ao desta época,
chamado realmente ‘romano antigo’, que caeu en desuso no s. XIV mentres o
‘canto gregoriano’ aparece realmente un século despois de Gregorio I.
Gregorio I reorganiza a administración eclesiástica
partindo de que a Igrexa é a maior forza económica de Italia: pode recrutar
tropas, restaurar os acuedutos da cidade e repartir comida entre a poboación de
Roma, co que se converte no verdadeiro xefe da cidade, inda recoñecendo a
autoridade teórica do exarca.
os xuízos sobre el son diversos – Jortin: ‘destacable por
moitas cousas – por exaltar a súa autoridade, desprezar a cultura humanística e
a literatura, queimar obras clásicas, protexer a ignorancia e a estupidez,
perseguir herexes, bailarlle a auga a príncipes execrables, relatar unha
manchea de mentiras absurdas, monstruosas e ridículas (os milagres); un prelado
ambicioso e insolente baixo a máscara da humildade’; Draper: non só prohibe o
estudo dos clásicos, mutila estatuas e destrúe templos, senón que ‘queimou a
biblioteca Palatina, fundada por Augustus’; Gibbon: ‘mestura de
simplicidade e astucia, de orgullo e humildade, sentido común e superstición’,
dubida que fora responsable deste feito.
Gregorio non parece ter sido afeccionado ao viño e as
mulleres, como outros papas pero era moi orgulloso e ambicioso. Exemplo son as
felicitacións a Phocas, logo de que
este masacrara a familia de Mauricio,
simplemente porque o usurpador beneficiaba a súa política. Isto demostra a súa
falta de escrúpulos.
abril, 7: o príncipe Shōtoku Taisi,
rexente, promulga a "constitución dos dezasete artigos", que
vincula o budismo coa ética confucianista, e demanda harmonía nas relacións
humanas; tamén manda construír numerosos templos budistas e favorece a chegada
de numerosos libros e ideas de China. O rexente tamén constrúe vías de
comunicación postais e fai que se escriban importantes crónicas.
Xapón inicia un proceso de transformación nunha monarquía
de vasalaxe: creación do título de tennō.
maio, 26: morre Agostiño
de Canterbury e Laurencio
sucédeo como arcebispo de Canterbury.
os avaros reagrúpanse logo de ser case destruídos e a
guerra persa fai que Phocas poida destinar poucas tropas a conter o problema
nos Balcáns.
agosto, 13: Sui
Yangdi asasina e sucede a Sui Wendi, seu pai, (63 anos) como emperador.
Cosroes II logra tomar posicións bizantinas ao leste do Éufrates e
destruír, entre outras, a fortaleza de Dara.
Aethelfirth de
Northumbria
invade Deira e mata a Aethelric. O príncipe, fillo do rei Aella de Deira, quizás sobriño de Aethelric, foxe á corte do rei Iago de Gwynedd (NO de Gales).
Saeberht, sucesor de Sledda,
pai seu, como rei de Essex. Aethelberht de Kent, tío seu, logra que
se bautice. Fúndanse os bispados de Londres (o primeiro bispo é Mellitus) e Rochester (Justus, primeiro bispo).
setembro,
13: Sabinianus, novo bispo de Roma,
recoñecido por Phocas. Caracterízao a avaricia e a crueldade cos pobres, tanto
que ten problemas nas súas aparicións públicas. Chega a subir os presos do gran
durante unha fame. Acusa a Gregorio I, logo de morto, de simonía.
novembro, 11: o ‘mordomo’ de Neustria Landerico vence
as tropas do ‘mordomo’ de Burgundia Bertoaldo
en Aurelianum (Orleáns). Austrasia, baixo Theuderico II mantense á marxe do conflito, o que constitúe a
primeira disensión con seu irmán Teodeberto
II.
Theuderico II asina unha paz con Clotario II en Compiegne.
decembro, 24: na batalla de Stampae (cerca de París) o exército de Theuderico II, coa axuda de
Bertoaldo, vence ao de Neustria baixo
Clotario II e logra entrar en París.
decembro,
25: Brunequilda argalla a morte do
mordomo Bertoaldo para o que convence a Theuderico de que o mande a
inspeccionar as villae reais ao longo
do Sena. Logo fai que tamén arresten e maten ao encargado de matar o mordomo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario