triente de ouro de Witerico ceca ELIBERRI www.maravedis.net |
marzo: o embaixador bizantino Lilius,
enviado onde Cosroes II, chega a Dara, onde lle comunican que será
declarada a guerra contra Phocas.
Phocas ordena a Germanus,
gobernador de Dara, que tome Edessa, onde Narsés se ten rebelado contra el, e este pide axuda a Cosroes II.
primavera: Liuva II enfróntase no
propio pazo real de Toletum a unha
rebelión ariana encabezada novamente por Witerico,
que conta co apoio de gran parte da aristocracia. Nun combate o rei perde a man
dereita, é capturado e executado polos rebeldes. Witerico, novo rei, fíxase
como obxectivos expulsar os bizantinos e restaurar o arianismo.
xullo/agosto: Axilulfo sae de Mediolanum e asedia, coa axuda de
auxiliares avaros, Cremona.
batalla de Degsastan: Aethelfrith, rei de Bernicia, vence as forzas combinadas de Strathclyde baixo Áedán mac Gabráin de Dalriada,
establecendo a supremacía definitiva dos anglos na parte norte de Britannia.
Bonifacio (futuro bispo de Roma), nomeado apocrisiarius
por Gregorio I.
a dinastía Sui mina o poder do turco Tardu
instigando disensións entre turcos occidentais e orientais. Tardu, khagan occidental, é asasinado e
sucedido por Heshana Khan, fillo
seu, que impón fortes tributos ao pobo tiele.
abril, 7: Axilulfo, influído por
Teodelinda, abandona o arianismo
polo catolicismo e é bautizado, xunto co seu fillo Adaloaldo, na catedral de Monza, onde se instala a ‘coroa de ferro
dos lombardos’.
a nova estabilidade en China baixo Wendi
fai aumentar as zonas de cultivo e tamén progresa a tecnoloxía naval.
decembro: Shōtoku
impón un novo sistema xerárquico na administración en Xapón que lle permite manexa
con habilidade os clans máis poderosos e inserilos nun código de honor e
obediencia ao poder central.
o monxe de Hibernia Offo funda a abadía de Schuttern en Alemaña.
agosto, 21: Cremona tomada polos
lombardos. Axilulfo tamén toma Padua e Mantua, sendo repartidos os territorios
destas cidades entre os ducados de Brescia e Bergamo.
setembro, 13: Mantua tomada polos lombardos; a fortaleza de Vulturnia réndese sen combate.
setembro: alcánzase unha tregua entre o exarca
de Ravenna e os lombardos.
Gostun, soberano búlgaro.
agosto, problemas entre Comentiolus (magister militum
Spaniae) e representantes eclesiásticos hispanos (Ianuarius, bispo de Malaga, un crego dependente deste e Stephanos, bispo de Illiberris), depostos e exiliados, causan
o envío do defensor Xoan desde Roma. Había unha petitio por parte de Ianuarius, seguindo
os procedementos do Corpus Iuris Civilis:
Spania forma parte do exarcado de Africa, Mauretania II, e por tanto aplícanse as leis imperiais.
a causa do problema poden ser disensións dos bispos
fronte á política imperial, unha posible conivencia co poder visigodo nas zonas
limítrofes ou a morte de Liciniano,
bispo de Carthago-Nova en
Constantinopla, envelenado ab aemulis, segundo Isidoro de Sevilla.
Gregorio I escribe ao seu defensor
Xoán, camiño de Hispania, para que poña
orde nas condutas duns monxes da illa Cabreira, ao igual que sucede en Cerdeña:
“alí onde a gravidade da culpa pide a aplicación da lei canónica, non
podemos apartar a un lado o que é necesario corrixir, non sexa que, facendo ollos
cegos, demos forza ás accións depravadas que, así como as encontramos, debemos
de segar coa disciplina. Pois téñennos chegado novas de que os monxes do
mosteiro na illa Cabrera, a carón de Mallorca, tamén unha illa (Capria
insula, quae iuxta Maioricam idem insulam est ...), obran de xeito tan perverso e teñen sometido
as súas vidas a diversos crimes, que manifestan que, máis que servir a Deus,
loitan, e dígoo chorando, a favor do antigo inimigo. Ti, coa autoridade que che
confiren estas cartas, diríxete ao mosteiro, para informarte da vida e costumes
dos que alí viven, procedendo a unha ampla investigación. Deste xeito, todo o
que atopes que debe ser eliminado, tal como pide a norma canónica, terás que
corrixilo impoñendo as penas correspondentes, e terás que preocuparte de
informar os monxes de todo o que teñen que respectar. A túa forma de corrixir
ten que servir para facer retornar os monxes ao camiño da boa vida monacal, de
tal xeito que ti non sexas culpable de nada ante nós”
os datos arqueolóxicos falan dun complexo central común e unha serie
de celas individuais arredor (o que permite cultos comúns e unha dedicación
espiritual individual), unha zona de produción e unha necrópole, masculina e sen
xoias, entre os ss. V-VII. Tamén hai restos en Conejera.
cando menos hai unha factoría de salgado de peixe e un taller de
fabricación de púrpura. A comunidade debe ser bastante grande e probablemente
non funcionará máis alá de 750 debido á inestabilidade política da época, con
gran número de bandas de piratas.
Agostiño de
Canterbury consegue que Aethelbert de Kent se bautice, o cal tamén lle permite entrar en Essex
e Anglia oriental, territorios nos que o rei de Kent ten gran influencia.
Phocas trata de conter os avaros co pago dun forte
tributo, o que lle vale o desprezo do exército. Ante o avance persa trata de
obter apoios en occidente, recoñecendo a supremacía de Roma sobre
Constantinopla, o que causa escándalo nesta cidade. Adopta medidas severas
contra o monofisismo, que lle valen reaccións contrarias en Exipto e Asia
Menor.
a
pesar dos problemas e da gran diminución da poboación, as grandes avenidas de
Roma seguen abertas. Moitos edificios públicos monumentais son dedicados a
novos usos: cemiterios, vertedoiros, …
as
importacións de produtos (envasados en ánforas) de Africa e o leste, inda que diminúen, seguen a chegar á capital.
neste ano prodúcese a última mención do Senado (aclamando
as estatuas de Phocas e a súa dona Leontia) como tal pero a administración
pública civil segue a funcionar, dirixida polo exarca de Ravenna. De todas maneiras, o gran poder romano é xa o bispo de
Roma.
Ningún comentario:
Publicar un comentario