maqueta da cidade de Teotihuacan es.wikipedia.org |
a poboación mundíal quizás supera os 200 millóns de habitantes.
Carthago, logo de diversos problemas (ataques mauros, epidemia de peste, debilidade demográfica, falta de recursos na tesouraría imperial, inestabilidade política, etc.) están en decadencia: murallas sen mantemento, foxos cegos e reconstrucións monumentais na zona dos portos abandonadas; a desorde urbanística semella a tónica xeral nunha cidade moito menos poboada e con menor extensión.
Carthago, logo de diversos problemas (ataques mauros, epidemia de peste, debilidade demográfica, falta de recursos na tesouraría imperial, inestabilidade política, etc.) están en decadencia: murallas sen mantemento, foxos cegos e reconstrucións monumentais na zona dos portos abandonadas; a desorde urbanística semella a tónica xeral nunha cidade moito menos poboada e con menor extensión.
Theodore
de Sykeon
augura grandes desgrazas: Mauricio
morrerá cedo pero logo del ‘haberá calamidades peores, que esta xeración nin
imaxina’.
Gregorio I consegue que a maioría dos
lombardos acepte o catolicismo, o latín e as leis romanas; polo tanto, o
arianismo é cada vez menos influínte.
a política de Gregorio ten
unha dobre intención: contrarresta a ameaza lombarda e faise máis independente
do imperio; trata de persuadir aos lombardos de que os bispos son tan
independentes do poder secular como o propio ‘papa’ e así as cidades máis
importantes pasan a ser gobernadas polos seus bispos, de xeito que os lombardos
só controlan realmente o rural.
a autoridade de Gregorio
tamén é determinante para finalizar co ‘cisma de Aquileia’.
os turcos atacan China e aproxímanse á capital pero non
poden tomala.
Teotihuacán está no seu punto álxido; sen embargo, sufre
invasións chichimecas (termo que
quere dicir ‘bárbaro’): a cidade é incendiada e abandonada; a súa poboación
refúxiase noutras cidades veciñas.
a cultura ‘Hopewell’ en América do Norte comeza o seu declinar.
na cidade totonaca
de el Taxín constrúese a pirámide dos nichos, constituídas por
sete plataformas en esqueiras.
no S de India morre Simbhavisnú,
sucedido por Mahendravarman I:
somete os Pandya e os Chalukya e estende as fronteiras do seu reino. Foi tamén
dramaturgo e poeta: consérvase a súa peza teatral mattavilasa–prahasana
(o xogo do borracho) na que se burla dos budistas e dos devotos da Siva.
Teodeberto
II de Austrasia casa con Bilichildis.
a vila de en-Gedi,
na ribeira occidental do mar Morto é destruída nun lume devastador (quizás
nómades árabes que atacaron con violencia) e abandonada.
Isidoro escribe Etimoloxías, un estudio académico sobre
a lingua latina.
desenvólvese o arado de veso en Europa oriental, que permite usar cabalos e
bois como forza motriz.
a varicela chega
a Europa por primeira vez.
Benin (SO de África) aparece como reino independente (abarcaría tamén parte de
Nixeria).
extínguese a cultura nazca en
Perú.
en Tiahuanaco (Bolivia) aparece
unha ‘alta cultura’.
Sabinianus (futuro bispo de Roma) introduce o toque de campás para indicar o paso das
horas.
inda se usan as runas en Centroeuropa e a escritura ‘ogam’ en Hibernia.
os chineses son capaces de construír barcos con cinco cubertas.
primeiros muíños de vento en Persia.
o budismo toma posicións en Indonesia.
os francos establecen a base comercial de Dorestad.
Axilulfo e Teodelinda constrúen un
complexo en Monza, NE de Mediolanum.
os moravos logran certa autonomía ao rexeitar ataques tanto avaros como
francos.
Ingvar de Suecia invade Estonia pero é derrotado e morto.
o príncipe e bardo galés Aneirin
dos Penines (NO de Britannia) escribe
o poema, ‘y gododdin’, que recolle os
acontecementos da batalla de Catraeth.
bolsas de britanos quedan incomunicadas entre si en Strathclyde, Gales e Cornualles, separados polos anglo-saxóns.
o ‘chaturanga’ como xogo xa ten a súa configuración definitiva.
Namri Songtsen é o novo rei de Tibet.
erupción de Loma Caldera (O Salvador), soterrando vila maia de Joya de
Cerén.
nos Andes decae a cultura moche.
o rexente Shotoku Taishi envía unha embaixada a China.
inicio dunha gran fame en Syria e Palestina.
inicio dunha gran fame en Syria e Palestina.
Ningún comentario:
Publicar un comentario