Hermenexildo en prisión Goya, aprox. 1800 www.almendron.com |
primavera: Mauricio
rexeita unha proposta de paz persa.
batalla de Solachon:
un exército bizantino baixo Philippicus
derrota os persas cerca de Dara. Heraclio o Vello é o segundo ao mando.
a familia Vlach é mencionada nunha crónica bizantina.
os avaros destrúen numerosos castella no limes do Danubio; entre eles, Oescus e Ratiaria.
complétanse os evanxeos de Rabbula.
Comgall funda unha abadía en Bangor,
no norte de Hibernia.
o rei Custennin
de Dumnonia faise cristián.
morre Hermenexildo a mans de Sisberto, enviado por seu pai, porque
se nega a recibir comuñón dun bispo ariano.
abril, 21: morre Leoxigildo
e sucédelle seu fillo Recaredo.
Segundo unha lenda, que beneficiaría a figura do novo rei, o mesmo día da súa coroación,
apenas lle cinguen a coroa, levántase e, sinalando un grupo de nobres, di "adeus
Sisberto", e o asasino de Hermenexildo morre alí mesmo.
Elli de
Deira estende os seus dominios cara o interior:
envía colonos que se asentan no territorio que pasa a denominarse Mercia.
verán: Philippicus
prosegue as operacións en Arzanene;
fracasa o asedio de Chlomaron, onde case morre Heraclio o Vello durante unha inspección.
setembro, 22: avaros e eslavos asedian Thessalonica.
outono: Philippicus ordena a Heraclio o Vello unha
expedición de castigo na ribeira do Tigris.
Bertram, bispo de Mans.
Ningún comentario:
Publicar un comentario