xaneiro, 13: Recaredo,
xunto con parte da aristocracia e algúns bispos godos, convértese ao catolicismo
en consonancia coa maioría da poboación e xerarquía eclesiástica. Isto ocasiona
descontento no resto da aristocracia, ariana, que non tarda en rebelarse no NE,
dirixida polo bispo Athaloco e os condes Granista e Vildixerno,
apoiados por Gontran, católico, pero
que ve factible sacar partido e pon a escusa de vingar a Hermenexildo. A revolta é sufocada sen dificultade no ano.
Mauricio constrúe máis fortificacións na ribeira do Danubio para
conter avaros e eslavos.
Comentiolus, magister militum,
reúne un exército de 10000 homes en Anchialus
(Bulgaria) para atacar os avaros nos montes Haemus.
Os avaros invaden Thracia e logo dun
primeiro éxito contra Castus, son
derrotados polos xenerais bizantinos Droctulf
e Xoán Mystacon nas proximidades de
Adrianopolis.
os vascóns atravesan os Pirineos e arrasan a Novempopulania; o duque de Tolosa Austrovaldo tenta contelos.
Aegidius de
Reims, acusado de crimes de lesa maxestade,
implora perdón a Childeberto II,
ofrecéndolle grandes presentes.
o comes Syagrius é enviado por Gontran onde Mauricio, quen o nomea patricius.
abril, 15: batalla de Shigisan, na que o clan Soga, en
alianza matrimonial co clan real Yamato, imponse definitivamente ao Mononobe e
o Nakatomi e impón o seu sucesor para o trono logo da morte de Yomei. Será Sushun (66 anos), fillo de Kimmei,
32º emperador e budista.
Wen Di, emperador Sui acaba coa dinastía Liang occidental e
expande a súa influencia ao conca baixa do río Yangtze. Encarga a Gao Jiong a pacificación dos
territorios e o antigo emperador Xiao
Jing Di é nomeado duque de Liang.
Bagha Qaghan, 7º khagan
turco.
Sunna, poderoso bispo ariano de Emerita, tamén conspira contra Recaredo.
a cuestión do ‘filioque’
é usada por primeira vez no credo niceno contra os arianos en Hispania.
primavera: os bretóns atacan Nantes.
Gontran envía unha embaixada a Armorica para que cesen os ataque bretóns e esixe obediencia a Waroch II, demandando 1000 solidi en compensación polo ataque a
Nantes.
agosto, 4: Fredegunda
envía asasinos contra Gontran, pero sen éxito.
inverno: Childeberto II depón a Leudefredus I como duque alamano e impón a Uncelenus como sucesor seu.
novembro, 28: Gontran asina con
Childeberto II o tratado de Andelot, polo que o nomea herdeiro seu; en
realidade establécese que o que sobreviva herdará os territorios do outro xa
que non se pode predicir quen morrerá antes, a pesar das súas idades. Os dous
alíanse contra os grandes nobres e o seu poder crecente. O pacto é promovido
por Brunequilda e Gregorio de Tours. Childeberto recupera
Borgoña e Aurelianum.
Gennadius, futuro exarca, sufoca unha rebelión bereber en Africa.
os cregos
occidentais que visitan Constantinopla hospédanse na domus Placidiae.
Sledda, rei de Essex coma sucesor de
Aescwine, seu pai.
a peste chega a Marsella nun navío procedente de Hispania e
arrasa a cidade.
os bizantinos establecen contactos cos ‘antos’ para que estes ataquen os eslavos polo norte.
os bizantinos establecen contactos cos ‘antos’ para que estes ataquen os eslavos polo norte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario