codex Amiantinus Casiodoro es.wikipedia.org |
Leovixildo dirixe ataques contra zonas no NE
do conventus bracarensis; anexiona a rexión dos montes Aregenses (na
parte oriental da actual provincia de Ourense) baixo o poder do magnate local Aspidium, que seguramente apoia os suevos e resulta
capturado.
morre Casiodoro:
dedicara os últimos anos á vida monástica, fundamentalmente en Vivarium reunindo libros de toda especie
e promovendo a súa copia; esta práctica é sistematizada polos beneditinos, e
así se conservan moitos libros da antigüidade.
primavera: durante as negociacións cos bizantinos para
ampliar a tregua de hostilidades, Cosroes
I invade de súpeto a Armenia romana pero non pode tomar Teodosiópolis (Erzurum) e diríxese cara
Capadocia, onde se atopa co xeneral bizantino Xustiniano e os armenios rebeldes, que lle infrinxen unha gran
derrota en Melitene (Malatya). O exército de Cosroes I debe atravesar o
Éufrates retirándose en desorde, despois de incendiar Melitene e Sebaste.
Xustiniano reocupa a Armenia persa. Logo sufre varias derrotas debido á
indisciplina dos auxiliares bárbaros
xuño, 2: Bieito I
elixido novo bispo de Roma, logo de case un ano de ‘sé vacante’.
no sur de India únense varias tribos baixo Simhavisnú
(dinastía Pallava, con dous séculos de historia) e algunhas dinastías
veciñas, como os Pandya ou os Chalukya, tratan de contrarrestar o
seu poder.
moitos nobres rexeitan que Leovixildo asociara a Recaredo
e Hermenexildo porque os priva do seu tradicional dereito a elixir novo
rei, pero o rei sabe contelos. Derroga a lei que prohibe casamentos entre godos
e católicos e publica un código lexislativo (non conservado) que tendía a
eliminar a dualidade existente e pola que godos e hispanorromanos se rexían por
códigos distintos.
nace Heraclio o
Novo, fillo de Heraclio o Vello
e Epiphania, de orixe armenia.
o duque lombardo Ewin
de Triente rexeita un ataque franco e casa coa filla de Garibaldo I, duque bávaro.
Xoán de Bíclaro regresa a Hispania desde Constantinopla, despois dunha estancia de 17 anos, o
que o convertera en partidario de todo o bizantino. Tan pronto como regresa vese
envolto en controversias relixiosas. Leovixildo promove a fe ariana e acaba
chocando con Xoán, que resulta exiliado en Barcino
durante dez anos.
o ghassánida al-Mundhir, reconciliado cos
bizantinos, saquea e incendia al-Hira,
capital dos lakhmidas.
Chilperico I renova unha alianza con Gontran e marcha cara Reims. Sixeberto I busca alianzas coas
‘nacións alén do Rhenus’ penetra nos dominios de Chilperico I, conquista Poitiers e
Tournai e chega ata o mesmo París, onde se establece mentres os duques Gontran, Boson e Godexiselo
derrotan as tropas de Neustria de Thiberto,
fillo de Chilperico, en Angoumo e
mátano. Chilperico refúxiase en Tournai mentres Sixeberto se proclama vencedor.
decembro: durante a súa proclamación como rei
de Neustria polos nobres, dous
asasinos pagados por Fredegunda conseguen
matar a Sixeberto en Vitry, co que as súas tropas se retiran, sendo Brunequilda feita prisioneira.
Brunequilda resulta exiliada en Rouen. O
duque Gondobaldo logra salvar a Childeberto II (5 anos), fillo de
Sixeberto e Brunequilda.
decembro, 25: Chilperico non pode evitar que se proclame
en Metz como rei de Austrasia a
Childeberto II. Brunequilda actúa como rexente oficial do seu fillo pero
realmente son os nobres que goberna Austrasia,
principalmente Gogon.
convención de Druim
Cett: os reis irlandeses discuten a relación a manter con Áedán mac Gabráin de Dál Riata: a
colonia é confirmada.
East Anglia divídese nos condados ingleses de Norfolk e Suffolk e
quizás a parte oriental dos Fens de Cambridgeshire.
Alexandre de
Tralles, médico grego, escribe libri duodecim de re medica.
Qara-Churin
Turk Bogiu, Tardu sucede a seu pai Istämi como yabgu do khaganato turco
occidental. Seu irmán Bokhan
Shad visita e pasa épocas no palacio de Constantinopla. Os turcos orientais
son gobernados por Arslan Tobo-Khan,
Taspar.
Zhiyi, monxe chinés, viaxa ao monte Tiantai
para estudar; traballa cun grupo de discípulos na meditación hindú da śamatha e vipaśyanā.
Varaja Mijira publica Pañcha siddhāntikā (tratado
das cinco conclusións [astronómicas]).
Ningún comentario:
Publicar un comentario