embaixada de Miro
ao rei Gontran en resposta á
expedición de Leovixildo contra Cantabria; con toda probabilidade para tratar
de concertar unha alianza. Son interceptados por Chilperico I.
xullo, 13: morre Xoán
III; non se elixe sucesor a causa da presenza de tropas lombardas, que interrompen as comunicacións.
Clef é asasinado por un escravo que maltratara. Os nobres
deciden non elixir sucesor; como consecuencia, aparecen ducados lombardos
independentes, como Spoleto e Benevento, no sur da península.
seguen as hostilidades entre Chilperico I e Sixeberto I.
decembro, 7: Xustino
II asocia a Tiberio ao poder: o
emperador perde o equilibro mental (quizás polos continuos reveses militares:
Italia, Balcáns, contra Persia, …) e sufre crises: parálise nas extremidades, …
Faise evidente que non pode exercer o poder e búscase un substituto. O seu
único fillo morrera e non confía no resto de parentes. Sofía convénceo para que adopte e asocie ao poder a Tiberio, xefe
dos gardas de palacio.
Sofía e Tiberio asinan un ano de paz cos persas cun custe
de 45000 solidi; o cese de hostilidades
afecta a Mesopotamia porque no Cáucaso continúan os choques.
Áedán mac
Gabráin, rei de Dál
Riata en Escocia.
os persas acaban co réxime axumita en Iemen, apoiado
polos bizantinos. Cosroes I fai do
territorio unha satrapía persa. O rei Kaleb
morre durante a conquista.
Ningún comentario:
Publicar un comentario