representación de Alboino gravado sobre madeira Crónica de Nuremberg (1493) pt.wikipedia.org |
destruídos os hephtalitas, os turcos dominan a Sogdiana e son os novos veciños dos
persas.
Britannia: Aella, rei de Deira; Ceawlin sucede a seu pai Cynric
en Wessex; Elidyr de Strathclyde invade Gwynedd
(Gales) e intenta derrocar a seu cuñado, o rei Rhun Hir ap Maelgwyn.
Columba pelexa con Finnian de Moville
sobre a autoría dun salterio e isto ocasiona un enfrontamento militar ao ano
seguinte.
xuño: Clotario I invade Dumnonia, ao norte de Armorica.
O xefe bretón Chonoo morre e Clotario
fai queimar ao seu fillo rebelde Chramno
coa súa familia, que se atopan refuxiados alí.
Alboino sucede a Audoino
como xefe lombardo.
Cunimundo sucede a seu pai Thorisindo
como xefe xépido.
Fidel, bispo de Emerita,
sucede a Paulo.
Pelaxio I escribe: “a causa das
continuas devastacións produto da guerra, hai pouco rematada, é das illas e
territorios alén do mar que a igrexa recibe o pouco do que dispón para as súa
necesidades e os pobres”. A poboación de Roma víase obrigada a comer bellotas e
algúns incluso recorreron ao canibalismo.
os italianos sofren
tanto (ou máis) a mans dos “liberadores” coma dos godos. O logotheta Alexandre, de
terrible reputación, é enviado por
Constantinopla para obter tributacións. Os comandantes bizantinos non eran mellores
e abusan dos seus cargos; por exemplo, Conon
é asasinado polos seus propios homes, famentos, porque este aproveitábase da
xestión do grao no seu beneficio ata extremos inxustificables.
a guerra arruína Italia
e a súa capital. Os tres asedios da cidade van acompañados de fames, epidemias
e sufrimentos. Grandes zonas da cidade son destruídas en lumes e moitos cidadáns
quedan arruinados. Moitos aristócratas trasládanse a Constantinopla para tentar
recuperar a súa posición a carón do emperador. Os xogos non se celebrarán máis.
O sistema educativo colapsa. O reparto de gran vólvese intermitente para logo
cesar para sempre. O senado tamén morre pouco a pouco. Moitos dos máis famosos
edificios da cidade están desertos en ruínas, e a cidade, despois de tantos
anos de maltrato, cae vítima das epidemias, das cheas e das fames cíclicas.
Bieito de Nursia predixera que “Roma non será despoboada polos bárbaros, senón polas
tempestades, os lóstregos, tormentas e tremores de terra“.
decembro: lume en Constantinopla.
Ningún comentario:
Publicar un comentario