Ariamiro con Lucrecio, Andrés e Martiño codex Vigilianus (s. X) es.wikipedia.org |
Xustiniano enferma e comezan as conspiracións entre os aspirantes á
sucesión. Varios familiares de Belisarius
están implicados nunha conxura; cando se recupera o emperador son torturados e
executados.
marzo, 4: morre Pelaxio I e é elixido Catelino (xullo, 17),
que é bispo co nome de Xoán III.
Trata en vano de resolver o cisma de Aquilea,
orixinado a raíz dos ‘tres capítulos’.
Clotsvinda, filla de Clotario
I, casa con Alboino, rei
lombardo.
maio, 1: I Concilio de Braga: asisten oito
bispos da Callaecia: Lucrecio, Andrés, Martiño, Coto, Hilderico, Lucecio, Timoteo e Malioso. O rei que figura nas actas recibe
o nome de Ariamiro.
Lucrecio, metropolitano de Bracara, levaba certo tempo desexando organizar o concilio pero non
puidera ser debido á prohibición real, do mesmo xeito que fixeran os reis godos
dende tempos de Axila, que introduciu
a prohibición entre 549 e 555, como reacción á invasión bizantina de 552 para
previr a posibilidade de que se usara o catolicismo contra os godos e instigar
alianzas entre francos, suevos e os hispano-romanos católicos.
o concilio condena o priscilianismo.
Hibernia: batalla de Cúl
Drebene entre os Uí Néill do
norte e do sur.
inverno: Wu Cheng
Di sucede a seu irmán Xiao Zhao Di
como emperador chinés do Qi norte. Morre de feridas de caza.
Jnanagupta, un monxe budista de Gandhara comeza a traducir textos
budistas ao chinés.
outubro, 12: lume en Constantinopla.
novembro, 29: Clotario I morre e
deixa sete fillos de diferentes mulleres. Os catro maiores asasinan a dous e
conseguen excluír da herdanza ao outro, Gramna.
Dividen o reino en catro partes e sortéanas: Cariberto, o maior, queda coa parte oeste, con capital de París; Gontrán, o segundo, Borgoña, con
capital en Orleáns; Chilperico I,
con Neustria, con capital en Soissons; Sixeberto
I herda Austrasia, con capital en
Reims.
novembro: os verdes atacan os azuis no hipódromo de
Constantinopla.
decembro: tratado de paz de cincuenta anos entre persas e
bizantinos. Acórdase en Dara entre o magister
militum Pedro e Izadh-Gouchnasp. Conclúe a guerra
lazica. Xustiniano paga un tributo de 30000 pezas de ouro a Cosroes I a cambio da evacuación de
Lazica e liberdade culto para os cristiáns.
Narsés ataca os francos inda instalados ao norte do Po.
os avaros aparecen na fronteira do Danubio. Invaden a
Besarabia e executan ao xefe local, Mesamer.
revolta dos taifales ao oeste do Poitou contra as
imposición do duque Austrapius. É a
última vez as fontes os mencionan; darán nome ao país de Tiffauges.
Ningún comentario:
Publicar un comentario