Decius, cónsul único.
febreiro, 6: máis de catro anos logo da morte do seu
predecesor (Ahkal Mo’ Nahb I) exerce
como ajaw de Palenque K’an Joy Chitam.
o ‘código de Xustiniano’
(12 tomos con 4562 leis) está finalizado e constituirá a referencia xurídica
dos séculos seguintes; é conservador, axústase ás tradicións. Facilita a
manumisión dos escravos e a venda de terras, protexe viúvas e nenos. Por outra
banda, o sacrificio a deuses pagáns supón pena de morte e os conversos ao
cristianismo que recaen no paganismo son condenados á decapitación. Aos xudeus
prohíbeselles tratar de converter cristiáns ou telos como escravos.
Xustiniano inicia un programa de construcións militares para reforzar
a seguridade dos territorios imperiais: numerosas prazas fortes ou pequenos
poboados fortificados nas fronteiras; tamén se reforzan as infraestruturas xa
existentes. Procopio de Cesarea ofrece
unha descrición que menciona centos destes postos de fronteira. Normalmente
eran de planta cadrada ou rectangular, podendo medir 40/300 (Tebessa, Alxeria)
inda que poucas veces pasaban de 60/80; os muros podían ter entre un e tres
metros de espesor e, ás veces, ata 8 de altura, e a distribución do recinto –
onde non faltaba unha igrexa – podía, na súa maioría, ser parecido (con excepción
como Qasr Ibn Wardan – Siria, 564).
Xustiniano somete unha revolta de samaritanos dirixida
por Julian ben Sabar en Belem, na
que morren 20000 persoas. A basílica da Natividade resulta destruída e o
emperador ordena restituíla.
(data precisa sinalada por Teófanes (Chronographia,
"ad annum mundi 6022"), Xustiniano ordena unha
persecución dos herexes e pagáns de Constantinopla, da que foron vítimas
ilustres cidadáns da capital.
Xustiniano decreta unha medida que retira aos pagáns a facultade de ensinar: esta disposición debe
entenderse como un intento por parte de Xustiniano de terminar cos influxos da
filosofía pagá na propia corte, xa existente en época de León I (Xoán Malalas, chronographia, XIV, 369-370), motivou clausura
temporal da escola filosófica de Atenas.
Moitos filósofos acaban asentándose en Persia (Simplikios).
sen embargo, o desenvolvemento da actividade en Alexandría non se ve afectado.
Xoán o Gramático escribe en Alexandría
de aeternitate mundi contra proclum
en contra dun asunto esencial da filosofía pagá: a idea da eternidade do mundo,
pero especialmente coa idea de refutar un escrito perdido de Proclus, ao que o Léxico da Suda da
os títulos de XVIII procli argumenta (de aeternitate mundi) e de argumenta
XVIII contra Christianos. Un elemento interesante da obra de Xoán é a súa datación, pois no
propio texto indícase que se escribiu en 245 da ‘era de Dioclezio’ (ano 529
aD). Xoán tenta demostrar a ortodoxia do ensino superior en Alexandría, para
así asegurar a súa continuidade, en vista dos acontecementos en Atenas.
Xustiniano tolera a escola filosófica en Alexandría
esencialmente para conservar o orden público. Durante este século a fama de
levantiscos dos alexandrinos non diminúe: Xoán
de Éfeso (Hist. Eccl., 1, 17 e 43)
di que son unha horda de bárbaros, directamente inspirada por Satán. Evagrio
Escolástico (Hist. Eccl., 11, 8),
máis realista, di que nos seus motíns se deixan arrastrar polo último en chegar,
sen reparar no pretexto. O odio dos alexandrinos contra a autoridade imperial
ten antecedentes sanguentos sen importar a relixión dos amotinados.
Xustiniano quere protexer as remesas anuais de trigo
exipcio que parten desde Alexandría, a modo de imposto. Así compréndese tamén que
durante estes mesmos anos Timoteo IV,
patriarca de Alexandría, contrario a Calcedonia, siga no seu posto.
Bieito de Nursia, no deserto de Subiaco,
adquire sona de santo e acoden a el numerosos seguidores, que organiza en doce
mosteiros de doce membros cada un. a súa comunidade entra en conflito con
Florencio, sacerdote dunha igrexa cercana. Bieito decide trasladarse a
Montecassino, onde funda un enorme mosteiro, ao sudeste de Roma, no solar dun
antigo templo pagán. Redacta un regra que non tarda en ser adoptada por outros
mosteiros; aparece así a orde Beneditina. A regra obrigaba á obediencia, a
pobreza e a castidade, pero desalentaba o ascetismo inútil. Bieito non quería
mendigos, inspirábaos a traballar, nos campos ou en labores intelectuais. A
disciplina era férrea, o abade era elixido de por vida e a súa autoridade era
absoluta. Cada mosteiro tiña que ser autosuficiente e ser refuxio para a
laboriosidade e o saber.
continúa
a guerra contra Persia. En xeral, os persas acostumaban gañar as batallas
(exércitos máis numerosos) por iso os romanos evitábanas, construían fortalezas
doadas de defender e esta estratexia contribúe a estabilizar a fronteira.
sínodo
de Orange, onde resulta condenado o semi-pelaxianismo, entre outras decisións.
Apróbase a doutrina do pecado e graza proposta por Agostiño, pero sen aprobar a
predestinación absoluta que el defendía.
al-Harith ibn Jabala (Flavius Arethas o Coxo nas fontes gregas), segundo rei dos
Ghasánidas.
tribos
árabes da etnia Kinda penetran en Mesopotamia e conquistan Hira.
Amalasunta recibe unha delegación do
consello aristocrático godo que a urxe a que Atalarico (13 anos) reciba unha educación que lle ensine a ‘montar,
practicar as armas, e ser endurecido, non convertido nunha rata de libros’.
morren Baderico (rei dos turingos), Teodosio o Cenobiarca (monxe e fundador do mosteiro de Teodosio) e Yuan Hao (príncipe imperial de Wei Norte).
morren Baderico (rei dos turingos), Teodosio o Cenobiarca (monxe e fundador do mosteiro de Teodosio) e Yuan Hao (príncipe imperial de Wei Norte).
Ningún comentario:
Publicar un comentario