denario de Xelimer |
Lampadius e Orestes, cónsules.
primavera: na batalla de Dara (norte de Mesopotamia) Belisarius (26 anos) e Hermóxenes
(magister officiorum), cun
continxente moito menor, derrotan un exército de persas e árabes (50000 homes)
dirixidos por Firouz tras dirixir varios
ataques sorpresa en Armenia.
en Constantinopla unha seca causa restricións severas no abastecemento de
auga.
verán: batalla de Satala: unha forza de cabalería bizantina (30000) ao
mando de Sittas rexeita unha gran
invasión persa na Armenia romana.
Hilderico tratara ben a comunidade católica, feito que non gustara en sectores
arianos. Xelimer, curmán do rei,
encabeza unha rebelión dos mauros, derroca a Hilderico e encérrao en prisión e
noméase rei. Restaura o arianismo como credo oficial. Xustiniano non recoñece a autoridade de Xelimer pero envía unha
embaixada a negociar; a resposta vándala é: ‘nada é máis desexable que un
monarca se ocupe do seu’.
conclúese anthologia latina en Africa;
posiblemente unha compilación do poeta Luxorius.
o emperador Xiao Zhuang Di é
arrestado e encerrado nun templo budista en Jinyang (Shanxi). Sucédeo Chang Guang no imperio Wei do norte.
setembro, 22: morre Fiz IV;
condenara o semipelaxianismo. Bonifacio
II, archidiácono e de orixe goda, sucédeo como bispo de Roma.
setembro, 27: vese o cometa Halley.
outrubro, 14: Dioscorus disputa
o nomeamento de Bonifacio II e é elixido no pazo Laterano. Acúsanse mutuamente
de simonía, pero Dioscorus morre ao mes. Bonifacio excomunga o seu competidor,
unha vez morto e cando non se pode defender.
no tempo de Bonifacio comeza a circular a primeira parte do Liber Pontificalis, unha compilación
anónima de biografías dos bispos de Roma desde Pedro ata Fiz III. Son
biografías noveladas e cheas de anacronismos. Sobre os primeiros bispos as novas
incluídas son escasamente fiables. A propia presenza de Pedro en Roma é
dubidosa. En calquera caso, o certo é que o Liber
Pontificalis determina a numeración oficial dos bispos de Roma.
Brendan, bispo irlandés, supostamente sube ao cumio do monte Brandon para albiscar
as Américas.
Paulo, bispo de Emerita.
unha nova dinastía no reino de Shampa recoñece a soberanía chinesa pero
isto non é tolerado pola poboación. O reino Fu-nan está no seu apoxeo, unha
talasocracia que une poderes locais unificados pola cultura budista e que
mediaba no comercio entre China e India.
Godomaro II, rei burgundo establece unha alianza con Amalasunta, para protexerse mutuamente dos francos.
Xustiniano encarga a Narsés a
clausura do templo de Isis en Philaé (Exipto).
no Illyricum fúndase Iustiniana Prima.
Theuderico I, rei de Austrasia, ataca Turinxia.
os reis francos seguen expulsando a miles de godos que deben cruzar os
Pirineos e asentarse en Hispania.
Constantinopla conta con aproximadamente 500000 habitantes; Roma con
aproximadamente 100000.
continxentes saxóns alcanzan o Rhin.
c., peri strategikes, de autor anónimo, trata no capítulo 17 do
xeito de empregar a ‘falanxe de cabalería’, indicando que todos os xinetes
deben ir protexidos por armadura de metal, e que, no caso de non ser posible,
si deben portala as primeiras liñas do frente, de retagarda e nos flancos,
podendo o corazón da falanxe ir provisto só de proteccións de coiro ou pano; e
isto porque no centro so se temería a caída de proxectís mentres as liñas exteriores
tería que sufrir ademais o corpo a corpo. Non se debe esquecer, sen embargo, o
valor psicolóxico desta disposición, pois ao inimigo en batalla lle parecería
que toda a falanxe estaría protexida con ferro e presentaba liñas máis sólidas
do que en realidade era certo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario