Filipe V |
220. Filipe V (1700 – 1746). Ao finar Carlos II, en virtude do
testamento que outorgou, a coroa de España pasou á casa de Borbón, francesa,
cuxo primeiro rei foi o Duque de Anjou,
proclamado co nome de Filipe V.
221. Guerra de Sucesión. A Filipe V disputoulle a coroa o Archiduque Carlos, de Austria, apoiado
por Alemaña, Inglaterra e outras nacións, dando lugar a unha loita que durou 13
anos e que se coñece co nome de Guerra de
Sucesión.
Os ingleses desembarcaron nas nosas costas e
apoderáronse por sorpresa de Xibraltar –que non nos devolveron inda–. As tropas
do Archiduque chegaron a apoderarse de Madrid; pero foron derrotadas nas
batallas de Almansa e Villaviciosa.
O Archiduque Carlos herdou a coroa de Alemaña, e
entón cesou a guerra, asinándose o tratado de Utretch.
222. O tratado de Utretch
(1713). Polo tratado de
Utretch, Filipe V foi recoñecido rei de España, inda que renunciando aos seus
dereitos á coroa de Francia.
A guerra de sucesión custou a España a perda de
Xibraltar, Menorca, Nápoles, Sicilia, Cerdeña, o Milanesado, Toscana e canto
restaba nos Países Baixos.
223. Resistencia de Cataluña
e Baleares. Cataluña e as
illas Baleares tíñanse declarado abertamente polo Archiduque Carlos, e
negáronse a recoñecer a Don Filipe.
As tropas de Filipe V caeron sobre Barcelona, e
despois dun terrible asedio e repetidos asaltos, penetraron na cidade o día 11
de setembro de 1714.
224. A Lei Sálica. Unha vez Filipe V se tivo afianzado no
trono, publicou a Lei Sálica, que
excluía da coroa as mulleres e era contraria aos costumes españois.
Luís I |
225. Abdicación de Filipe V
(1724). Desgustado,
abatido, presa de gran melancolía, Filipe V abdicou a coroa no seu fillo Luís
I, e retirouse ao sitio real de La Granja
ou San Ildefonso, que el mandara
edificar.
226. Luís I. Aos sete meses de ocupar o trono, Luís I morreu de varíolas, por cuxo
motivo Don Filipe volveu encargarse do poder.
227. Recuperación de Nápoles
e Sicilia. Despois de
breve e gloriosa campaña, os españois apoderáronse de Nápoles e Sicilia, sendo Don Carlos, fillo de Filipe V,
recoñecido como rei das Dúas Sicilias.
228. Xuízo acerca do reinado
de Filipe V. Filipe V foi
un soberano ilustrado e amante da cultura do pobo: mellorou a administración e
a facenda pública; organizou o exército, a mariña e o ensino e, durante o seu
reinado, España volveu a figurar entre as nacións europeas de primeiro orde.
A
agricultura e a industria mereceron a súa atención; creou os arsenais do
Estado; fundou as Reais Academias; corrixiu moitiss abusos, e autorizou a
publicación de periódicos.
a "súa" historia de España
Ningún comentario:
Publicar un comentario