Lope de Vega |
215. Poderío e decadencia. Grande é o contraste que ofrece España
durante os reinados do primeiro e do último dos monarcas da Casa de Austria: Carlos I deixou ao seu sucesor o Estado
máis rico e poderoso do mundo, e Carlos
II, unha nación pobre e moribunda.
216. Os costumes. En tempos de Carlos I, predominaron a
ostentación e a magnificencia; durante o reinado de Filipe II, dominou unha
gran austeridade; despois os costumes relaxáronse de tal modo, que o traballo
manual era tido coma unha deshonra, e a vagancia, a miseria, a falta de hixiene
imperaban en todas as clases sociais.
Velázquez |
A linguaxe ordinaria fíxose basta e repugnante; as
xentes tratábanse sen respecto e consideración; as principais cidades estaban
infestadas de xente de mal vivir, e no propio Madrid, a inmundicia estaba
amontoada nas rúas.
Luís Vives |
217. A propiedade. A propiedade,
efecto do feudalismo e como sucedía en todos os pobos de Europa, era patrimonio
de poucos: os nobres e a Igrexa posuían a maior parte; pagaban ínfimos tributos
ou gozaban de exención completa, pesando sobre o pobo todos os impostos.
218. O goberno. O goberno era absoluto en toda a súa pureza:
as Cortes convocábanse moi de tarde en tarde, diminuíndo cada día a súa
importancia.
A favor da casa de Austria, sen embargo, hai que
mencionar a conquista e pacífica posesión da América do Sur e as admirábeis
leis de Indias a favor de aquelas razas indíxenas.
Herrera |
219. A Ilustración. A dominación da Casa de Austria,
coincidiu co Século de Ouro das
letras e as artes españolas.
Nestas
épocas floreceron pedagogos como Xoán
Luís Vives e Pedro Ponce de León;
físicos como Blasco de Garay;
médicos, como Vallés e Miguel Servet; filósofos, como Frei Luís de León; poetas, como Garcilaso de la Vega, Herrera o Divino, Rioja, Ercilla, Valbuena e Quevedo; autores dramáticos como Lope de Vega, Calderón de la
Barca, Tirso de Molina, Moreto, Alarcón y Rojas;
novelistas como Cervantes;
historiadores, como o Pai Mariana;
oradores, como Frei Luís de Granada;
pintores, como Velázquez, Murillo, Zurbarán e Ribera;
escultores, como Berruguete, Montañés e Alonso Cano; arquitectos como Herrera;
músicos, como o mestre Victoria, …
a "súa" historia de España
Ningún comentario:
Publicar un comentario