Filipe III |
203. Filipe III (1598 –
1621). A Filipe II
sucedeuno o seu fillo, Filipe III, home bo, si; pero apático e indolente, con
escasas condicións para gobernar.
Entregou o goberno ao Duque de Lerma, quen o partillou con Don Rodrigo Calderón, e ambos so pensaron en enriquecerse. Rodrigo
Calderón morreu decapitado, e o Duque de Lerma tivo que restituír ao tesouro da
nación boa parte do que tiña defraudado.
204. Feitos máis notábeis
durante o reinado de Filipe III. Os feitos máis notábeis durante o reinado de Filipe III foron a expulsión
dos moriscos e a guerra nos Países
Baixos e en Alemaña.
205. Expulsión dos moriscos
(1609). Por terse
descuberto unha vasta conspiración dos moriscos, foron expulsados e embarcados
para África máis dun millón.
Os moriscos
eran moros bautizados que se tiñan quedado en España despois da Reconquista;
vivían diseminados, ocupando nas cidades barrios separados que se chamaban “morerías”; dedicábanse á agricultura,
ao comercio e a varias industrias. A súa expulsión deixouse sentir na orde
económica, porque desapareceron non poucas industrias, moitos lugares quedaron
despoboados e grandes extensións despoboadas se converteron en desertos.
206. Guerra nos Países
Baixos e Alemaña. A pesar
da pobreza do país, Filipe II continuou a guerra nos Países Baixos e enviou un
exército a Alemaña para auxiliar aos católicos na guerra de relixión chamada dos trinta anos.
españois célebres da Idade Moderna |
207. Xuízo acerca do reinado
de Filipe III. Durante o
reinado de Filipe III, España comezou a declinar na súa grandeza imperial.
208. Filipe IV (1621 –
1665). A Filipe III
sucedeuno o seu fillo Filipe IV, tan
incapaz para gobernar como tiña sido seu pai.
Todas as súas afeccións foron para as artes e a
literatura, a disipación e os praceres. Entregou a dirección do Estado ao Conde Duque de Olivares.
209. Feitos máis notábeis do
reinado de Filipe IV. Os
feitos máis notábeis do reinado de Filipe IV, foron as guerra de Flandes e
Francia e as rebelións de Portugal, Nápoles e Cataluña.
Seu pai tiña concertado cos flamencos unha tregua
de doce anos, concluída a cal
continuou a guerra ata que se lles dou a independencia (1648); as loitas con
Francia concluíron entregando ao francés todos os territorios alén do Perineos
(1659); a guerra con Portugal durou 28 anos, alcanzando a absoluta
independencia de España (1668), e os disturbios de Nápoles e Sicilia acabáronse
a costa de grandes sacrificios.
210. A rebelión en Cataluña
(1640). Durante uns 14
anos, Cataluña, apoiada por Francia, viviu en aberta rebelión.
Carlos II |
211. Xuízo acerca do reinado
de Filipe IV. Filipe IV, igual
que seu pai, foi unha desgraza para España, pois continuou a nosa Patria
rodando cara a súa ruína.
212. Carlos II (1665 –
1700). A Filipe IV
sucedeulle o seu fillo Carlos II, de
catro anos de idade, baixo a rexencia de súa nai Dona María de Austria, quen entregou o goberno ao seu confesor o
xesuíta Nithard, austríaco.
213. Maioría de Carlos II. Carlos II foi sempre un infeliz, débil de
corpo e espírito; viviu enfermizo, e padecendo ataques nerviosos, creu que
estaba posuído do demos, polo que se lle alcumou o Enfeitizado. Morreu sen sucesión e, por consello do Papa e de
notábeis xurisconsultos, legou a coroa a Filipe
de Borbón, Duque de Anjou e neto
de Luís XIV de Francia.
214. Xuízo acerca do reinado de Carlos II. O
reinado de Carlos II completou a nosa ruína e decadencia; di un historiador
que, á súa morte, non había en España case nin un navío, nin un xeneral, nin un
sabio, nin un político.
a "súa" historia de España
Ningún comentario:
Publicar un comentario