María Pita |
195. Guerra con Inglaterra
(1588). Filipe II estaba
molesto con Inglaterra, porque a súa reina Dona Sabela tiña favorecido en gran
medida a insurrección dos Países Baixos e ao efecto, equipou unha escuadra
numerosa e formidable, que recibiu o nome de Armada Invencible; pero foi desfeita polas tempestades.
A maior parte dos buques que se salvaron da
tempestade foron esnaquizados polos barcos ingleses, mandados polo célebre
mariñeiro e corsario Drake, protexido pola reina. Mandaba a flota española o Duque de Medina-Sidonia, soldado moi
valente, pero mariñeiro inexperto. Cando Filipe II tivo novas do desastre,
limitouse a dicir friamente: “eu non enviei barcos a loitar cos elementos.”
196. Consecuencias da
catástrofe da Invencible (1596). A desgraza da perda da Armada Invencible abateu o poder naval de España; a
escuadra inglesa atacou as posesións españolas e puxo sitio a A Coruña, pero
tivo que levantalo ante o heroísmo dos seus defensores.
Duque de Alba |
Na defensa de A Coruña inmortalizouse a célebre María Pita. Despois, a escuadra inglesa
desembarcou en Cádiz, saqueando e arrasando a cidade. Dende entón, Inglaterra
ten procurado manter unha supremacía naval en todos os mares.
197. Anexión de Portugal
(1580). Tendo finado o
rei de Portugal, Filipe II como parente seu, foi designado para herdar a coroa
do reino lusitano.
A designación do monarca español fíxoa unha Xunta
de letrados, pero os portugueses negáronse a incorporarse a Castela. Entón
Filipe II enviou un bo exército, ao mando do Duque de Alba, e despois dunha breve campaña, Portugal e as súas
colonias caían en poder do monarca español, realizándose a unidade nacional da
Península Ibérica.
198. Antonio Pérez. Antonio
Pérez, secretario particular e confidente de Filipe II, foi acusado de
asasinato e reducido a prisión; logrou escaparse da prisión e refuxiouse en
Aragón, o seu país natal, amparado polos foros
aragoneses.
Antonio Pérez |
199. Axitación en Aragón. Acusado de herexía Antonio Pérez, Filipe
II fixo que se lle sacara do cárcere do Xustiza
e fora conducido aos calabozos da Inquisición. Con tal motivo, produciuse un
gran motín en Zaragoza e Pérez puido escapar a Francia.
200. Execución de Lanuza. A conduta dos aragoneses, decidiu a
Filipe II a mandar un exército para castigalos; as tropas do rei caeron sobre
Zaragoza, prenderon a Don Xoán de Lanuza,
Xustiza Maior de Aragón, quen pouco despois era condenado á última pena.
202. Xuízo que merece Filipe II. Non foi
afortunado como seu pai; as súas armas obtiveron vitorias moi brillantes (San
Quintín, Lepanto, …), e soubo soster a causa do catolicismo en Europa,
conservando en España a paz das conciencias e logrou manter íntegro o imperio
español.
a "súa" historia de España
Ningún comentario:
Publicar un comentario