ruínas de Salona, acueducto |
Flavius Cecina Decio Maximo Basilius, cónsul único.
Nepos é asasinado por dous dos seus comites, Viator e Ovida, na súa villa próxima a Salona. A responsabilidade podería ser de
Odoacro, que se libraría
definitivamente del e o seu posible regreso a Italia como emperador. Pola contra,
algúns (J.J. Wilkes) afirman que Odoacro tería recoñecido a Nepos e que o
motivo da invasión de Dalmacia será
vingar a súa morte e castigar a Viator e Ovida. Outras posibilidades son que os
seus propios nobres se cansaran da súa insistencia a reclamar o trono imperial
e viran máis realista facer de Dalmacia un poder independente tanto de oriente
como de occidente. Tamén é posible que Glycerius,
inda vivo, acadara por fin a súa propia vinganza.
os turinxios arrasan Batavis
e ameazan as cidades de Noricum.
un tremor de terra destrúe partes de Roma e
Constantinopla.
morren Chilperico
e Godomaro, dous dos burgundos que
aspiran á xefatura. Gundobado é
proclamado rex; Godexisel queda como gobernador dunha parte con capital en Xenebra.
en India morre Skandagupta,
sucedido por Narasimhagupta, quen non terá tanta sorte como seu pai
contra os hunos.
Hunerico é máis intransixente que seu pai. Incluso usou a violencia
para forzar conversións ao arianismo. Os que se resistían eran queimados, ou
lles cortaban a lingua.
Seinei, 22º emperador de Xapón.
o matemático Chongzhi
calcula o número pi ata sete decimais.
quizás morre Salviano
de Massilia.
decembro, 9: Odoacro emprende a marcha cara Dalmacia.
Constantius de Lugdunum comeza a reunir
materiais para vita sancta germani.
en Hibernia,
fúndase a diócese de Connor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario