selo de Childerico I atopado na súa tumba en Tournai childirici regis Monnaie de Paris |
Maecius, cónsul único.
Zenón executa a Sabinianus,
o seu mellor xeneral.
os búlgaros,
aliados dos bizantinos contra os godos, pasan o Danubio e saquean Tracia. Teodorico Estrabón derrótaos, abre novas
hostilidades contra Zenón, e marcha cun exército (13000) cara Constantinopla. Debido
a problemas loxísticos é obrigado a volver a Grecia. Pero en Stabulum Diomedis morre ao caer dun
cabalo sobre unha lanza. A maioría dos seus homes deciden facer causa con Teodorico o Amalo, que muda en rex gothorum e o home máis influínte nos
Balcáns.
febreiro, 1: Hunerico organiza unha conferencia
entre bispos católicos e arianos en Carthago. A petición de Zenón permite a
elección dun bispo, chamado Euxenio.
marzo: en Corea, Baekje, Silla
e Daegaya forman unha alianza contra Goguryeo.
Odoacro ocupa Dalmacia despois de
derrotar e matar ao comes Ovida,
quen a controlaba logo de asasinar a Nepos.
decembro, 26: morre Childerico
I en Tournai, o novo xefe é fillo seu, Clodoveo I (15).
Ningún comentario:
Publicar un comentario