representación dun excubitore |
inverno e
primavera: continúan os preparativos para a campaña en Africa. Maioriano
recruta alanos e outros “bárbaros” na Liguria
e pasa por Tolosa, visitando e
pactando con Teodorico II.
marzo, 27: os
suevos destrúen Lucus Augusti e matan
o gobernador. Suniericus e Nepociano atacan o continxente suevo en
Lucus como represalia.
en Callaecia segue a loita pola supremacía
total entre diferentes líderes, que se autotitulan reges, agora Requimundo
e Frumario, que semella suceder ao
falecido Maldra. O primeiro ten as
súas bases en zonas occidentais e certo apoio da aristocracia local e pretendía
certo entendemento co imperio por medio dos godos. Frumario tiña as súas bases en territorios máis meridionais e
interiores, quizás con apoio dos grupos contrarios a intervencións alleas;
quizás este feito indica a humilde orixe destes apoios e a súa oposición á
aristocracia reflectida no cativerio de Hydacio.
En todo caso, ambos procuran coexistir de xeito pacífico cos provinciais.
Palagorio, membro da aristocracia
senatorial do noroeste peninsular, viaxa a Tolosa e non onde Ricimer, pedindo axuda fronte ás accións
predadoras dos grupos suevos rivais. As dificultades de Requimundo para imporse definitivamente a Frumario permiten ao godo esixirlle o mantemento do anterior statu
quo coa aristocracia galaica, a cambio do seu apoio, que se manifesta no envío
de máis tropas godas á rexión.
forzas godas
ocupan Santarem, en defensa da Lusitania fronte os suevos.
marzo, 28: Maioriano está en Arelate de paso a Hispania.
maio: Maioriano entra en Hispania. Escolle Carthago
Spartharia, como punto de embarque das tropas para a campaña en Africa.
a cidade debía
estar, a pesar do saqueo vándalo en 425, en bo estado: un axeitado sistema de
instalacións portuarias, dársenas, almacéns e lonxas de contratación. En escavacións
recentes, estas instalacións asócianse a restos dun pórtico e dun templo. É
probable que existiran tamén outras instalacións portuarias na zona.
cataplus é a denominación do lugar de desembarco, arribo ou chegada. Nel
concentrábanse unha serie de instalacións asociadas ao desenvolvemento da
actividade comercial; isto é, os grandes almacéns para as mercadorías, a lonxa
de contratación e a aduana. No período godo, nesta zona asentarase o teloneum,
ámbito de actuación do telonarius ou vectigalia exactor, que se
encargará de recadar os vectigalia ou impostos indirectos sobre as
mercadorías, supervisará persoalmente a súa descarga, pagará aos mariñeiros os emolumenta,
fixará os prezos dos diferentes artigos e anunciaraos a viva voz aos
vendedores. Tamén terá potestade xudicial para dirimir os preitos entre os transmarini
negotiatores, aplicando os principios de dereito mercantil da Lex Rhodia,
aceptados en todo o Mediterráneo. Os vectigalia serán arrendados a
publicanos por un período de tres anos.
semella haber certo
paralelismo entre a expedición oriental de Maioriano e a occidental de Nepociano
e Suniericus, pero cunha diferenza: con independencia do mando conxunto, o
exército no occidente é exclusivamente godo.
Gaiserico ofrece un tratado, que
é rexeitado. Comeza a destruír a zona na que espera que desembarquen os
imperiais (Mauretania), incluíndo o
envelenamento de pozos de abastecemento de auga. Semella que alguén traizoa os
imperiais e os vándalos atacan e incendian a flota imperial en Elica. Isto obriga a aceptar o tratado
vándalo. Maioriano licenza as tropas e regresa a Italia, facendo alto novamente en Arelate.
xuño, 15: en Xerusalem conságrase unha basílica a Eudoxia, logo de que a emperatriz arranxara o mantemento das súas
necesidades e situara a Gabriel, un
discípulo de Euthymius, á cabeza do
establecemento. Será en pouco tempo un dos principais atractivos para os
viaxeiros (testemuñas no s. VI como Teodosio e o peregrino de Piacenza). Descrito
por Evagrius como un “enorme
recinto, destacable pola súa importancia e beleza.” A asociación de Eudoxia cos
lugares sacros comezou e rematou con Estevo:
tal era a súa devoción particular ao primeiro mártir que escolleu situar a súa
tumba alí na basílica recentemente construída, a vinte pasos dos propios restos
de Estevo.
en Constantinopla cobra auxe a rivalidade entre azuis e verdes nos eventos
do Hipódromo.
outubro, 20: morre Eudoxia. Posteriormente será vividamente lembrada cando
a súa bisneta (co mesmo nome), filla do casamento (437) que causara a súa
primeira viaxe a Palestina, fuxa alí do seu marido vándalo, Hunerico, para rezar nos santos lugares
e venerar a tumba da súa avoa, e finalmente tamén rematar a súa vida alí.
León I funda os excubitores
(garda imperial), unha unidade de elite (300 homes) recrutada entre os isauros.
ao norte de China, os Yuan-Yuan someten a vasalaxe o reino
de Wei.
os hephtalitas
conquistan a rexión afgán de Kushan. Penetran en India.
o imperio persa
comeza a sufrir unha vaga de fames que durará anos.
prototipo do palacio dun dux bizantino ou tardorromano: un amplo
patio central, rodeado de columnatas a xeito de peristilo, en torno ao cal se
dispoñen unha serie de estancias: 1º triclinium, salón cunha ou tres
ábsidas, para recibir o stibadium ou sigma, leito semicircular
sobre o que se deitaban os invitados. Nesta sala teñen lugar os banquetes
oficiais, tan importantes na política e diplomacia. 2º capela ou basílica,
normalmente consagrada á theotokos, protectora do imperio 3º e último, sala
de audiencias ou aula, cunha ábsida na cabeceira, onde se instala o
tribunal do gobernador durante os procesos xudiciais ou as recepcións aos
embaixadores estranxeiros; polo común, nun cuarto anexo están arquivos aos que
dea lugar a actuación do funcionario. A aula normalmente está precedida
dunha antecámara, dotada dun banco corrido de mamposteira, no que litigantes e
embaixadores agardan, con paciencia, a ser recibidos polo representante do
emperador.
Claudiano Mamerto, presbítero de Vienne, escribe de statu animae, onde
combate as ideas materialistas do bispo semipelaxiano Fausto de Riez.
o franco Childerico I é
desterrado polos seus propio pobo ao pazo dos turingos do rei Bisinus; desaproban o seu libertinaxe.
Alí casa coa filla do rei, Basena.
Os francos, mentres, son rexidos por Wiomad,
a instigación de Aegidius.
en Ravenna final da remodelación
do baptisterio de Neon.
finalización das covas Ajanta
(India), cortadas na rocha volcánica e elaboradamente pintadas.
finalización tamén do buda sentado nas grutas de Yugang (Datong, Shanxi).
o patriarca Gennadios I consegue apartar ao
monofisita Timotheus II Aelurus da
sé de Alexandría e instala a Timotheus
III Salophakiolos. A igrexa copta exipcia sepárase da ortodoxia de Chalcedon.
Ningún comentario:
Publicar un comentario