moedas coa efixie de Maioriano |
Constantinus e Rufus, cónsules.
xaneiro, 26: en
Constantinopla morre Marciano (65
anos) afectado de gangrena nos pés.
febreiro, 7: Aspar é o home forte pero é ariano e
isto exclúeo do trono. Busca un católico para o trono e decídese por un xeral (tribuno
mattiarii) que adopta o nome de León I.
por primeira vez o
bispo coroa o emperador, iniciando así unha tradición secular. Primeiro foi Senado,
logo o exército e agora a igrexa. Aséntase unha idea esbozada por Constantino I: os emperadores son por
graza de Deus. León I aumenta as atribucións do patriarca.
febreiro, 18:
León I confirma a Ricimer como patricius et magister militum e a Maioriano coma magister militum coa
posible intención de ser o único emperador. Sen embargo, Ricimer aumenta
paulatinamente o seu poder ata dominar no oeste. Tampouco pode asumir a púrpura
e ten dúas opcións: disolver a corte occidental e gobernar como dux do emperador en Constantinopla ou
instalar unha figura decorativa. Opta, sempre que pode, pola segunda. O seu control chega ata o punto de inscribir o
seu nome en moedas xunto ao do emperador.
Maioriano ordena
ao comes Burco que derrote aos alamáns (900 en número)
que operaban na zona do lago Maggiore.
en Callaecia Maldra derrota os seus rivais pero Teodorico II envía un exército contra el: apoia a outro rival godo.
Os godos aprópianse de máis territorios en Hispania
e Teodorico II reparte terras. Maldra logra algunha vitoria en operacións a
pequena escala.
en Lugdunum
prodúcese a coniuratio Marcelliniana,
que resulta desarticulada. Pode ser referida a Marcelino, ou a un grupo de persoas persuadidas das súas dotes de
mando que desexan que se converta en emperador. A caída de Avitus causara gran
conmoción en Gallia. O máis probable é que o xefe da revolta se chamara Marcellus e buscara apoios nos
burgundos. Quizás se aproximaron a Marcelino, quizás este participou; se o fixo
retirouse a tempo de evitar represalias.
primavera: en Xudea Sabas
é recibido por Euthymius, que o
envía coma novicio ao mosteiro de Theoctistus.
Maioriano traballa para conseguir apoios. Ten que contar
con Ricimer, que compromete o apoio das súas forzas.
marzo, 29: en
Alexandría prodúcense disturbios nos que o pobo, instigado polos monofisitas,
protesta contra o patriarca Proterius,
que acaba morrendo e sendo sucedido por Timotheus
Aelurus.
abril: chegan novas a Emerita Augusta do acontecido en Gallia e Teodorico II decide marchar de volta a Tolosa, probablemente para non
perder influencia no novo contexto. Deixa atrás continxentes militares para
protexer os asentamentos e apoderarse das prazas da Meseta superior. Son saqueadas
Astorga, Palencia e o castrum de Coianza (Valencia de Don Xoán), entre
outras. O botín tería sido un tremendo alicerce para as tropas. A misión do
exército godo é, sen embargo, explicitamente someter os restos de suevos
rebeldes e acabar coa violencia espallada pola provincia.
os hispanos padecen a mans do
exército godo pero ese padecemento trae a restauración da autoridade imperial.
A acción goda en Callaecia vese coma
excepcionalmente brutal, pero a violencia de soldados contra civís nin é nova
nin específica dos godos por ser bárbaros; os destacamentos romanos tamén se
impuxeran moitas veces aos provincias de xeito violento.
certos notables locais comezan
a competir coas forzas suevas e cos representantes godos, que mantiñan a paz en
nome do goberno imperial. Para Avitus, Teodorico II fora o que Sidonio
lle chamará con posterioridade: romanae columen salusque gentis.
abril,
1: Maioriano é proclamado emperador polo exército occidental.
Victorius de Aquitania, paisano de Próspero, tamén traballando en Roma, elabora un cursus paschalis baseado na lista
consular da Chronica de Próspero.
Este documento foi continuado logo por outros autores, que foron facendo
engadidos.
Victorius tamén é autor dunha
táboa de multiplicar de 98 columnas que daba o producto (en números romanos) de
todos os números entre dúas e cincuenta veces. Constaba de filas, “unha listaxe
de números dende mil, diminuíndo de cen en cen ata cen, e logo diminuíndo de
dez en dez ata dez, e logo unidade en unidade ata un, e logo as fraccións ata
1/144”.
persecucións
contra os pagáns: son executados, entre outros, o médico Xacobe e o filósofo Xesio; tortúrase
e encadéase a Severiano, Herestios, Zosimo, Isidoro e outros.
O predicador cristián Conon e os seus
seguidores exterminan os últimos pagáns da illa de Imbros, no NE do Exeo. En Chipre
exterminan os últimos adoradores de Zeus Lavranio.
verán: Elías e
Martyrius, monxes veteranos, chegan
de Nitria, Exipto. Alóxanse no mosteiro de Euthymius durante un tempo, e logo
fundan os seus: Elías dous coenobia
próximos a Jericho, e Martyrius un dos maiores e máis fermosos do deserto de
Xudea. Os dous son parte dunha vaga de relixiosos que están a chegar ao lugar,
unha vaga favorecida non só polo renome de Euthymius, senón polo entendemento entre
el e Xuvenal, novo bispo de
Xerusalem, a diferenza da situación en Exipto, con disturbios frecuentes.
Euthymius é o líder indiscutido do movemento monástico do
deserto de Xudea. Este feito canalízase na rede de mosteiros e edificios
rituais que rodeaba o seu mosteiro. Entre estes está o de Theoctistus, a igrexa
do campamento sarraceno (parembole),
a torre de Eudocia no cumio de Jebel
Muntar e outra igrexa en honor de Pedro construída na calzada dende Xerusalem a
Jericho. Ademais, construiríanse máis mosteiros por obra de discípulos seus,
coma os xa mencionados e o de Gabriel, ao NO de Mishor Adummim.
segundo a Crónica
Anglo-saxona, 4000 britanos morren en Crecganford
nunha batalla contra Hengest e o seu
fillo Oisc de Kent.
morre Yazdegerd II; sucédeo o seu fillo Hormizdas III
como rei dos sasánidas. Decide protexer os nestorianos, pois comprende que uns
herexes perseguidos polos romanos serán súbditos fieis. Paulatinamente, os cristiáns
persas e armenios adoptan o nestorianismo. Contra el rebélase dende Sistan o seu
irmán maior Peroz I.
logo da morte de Meroveo, Childerico I,
probablemente fillo seu, é rei dos francos salios. Aegidius contén os seus intentos de expansión no norte de Gallia e opera contra el na beira
esquerda do Rhin, na zona de Colonia. Childerico I aséntase en Tournai.
Teodorico II envía un exército
á Baetica; Sabinus, o bispo relegado vinte anos
atrás polos suevos, volve a Hispalis
e retoma a posesión da sé.
decembro, 28: logo de meses sen emperador Maioriano é
nomeado augustus en Ravenna no campo ad Columellas. Unha situación explicable polo desexo de León I de
seguir exercendo autoridade sobre o oeste e polas poucas gañas de Ricimer de
someterse a un augustus. Ravenna ten control efectivo só sobre Italia, Dalmatia e territorios no norte de Gallia.
novella 1 de
Maioriano: Erid apud nos cum parente patrioque nostro Ricimere rei militaris
pervigil cura. Romani orbis statum, quem communibus excubiis et ab externo
hoste et a domestica clade liberavimus, propitia divinitate servemus.
Exprésase que ambos personaxes exercerán responsabilidades militares.
Nepociano e o novo
magister militum per Gallias Aegidius
reciben tamén importantes responsabilidades militares.
Sidonio acepta a
autoridade de Maioriano e incluso o recibe na súa casa cando este visita Lugdunum, incluso recita un panexírico
na súa honra. Recibe o título de comes.
Skandagupta vence os hephtalitas e preserva o
reino Gupta unha vez máis.
Maioriano reclama
a súa autoridade sobre Hispania. O
control da diocese exérceno agora tropas godas. Neste asunto Maioriano está
forzado a entenderse con Teodorico II, que inda non o recoñece. Quizás as súas
intencións son incrementar os territorios en Gallia baixo o seu control directo, quizás simplemente exprese
resentimento ao non ser considerada a súa opinión como fora no caso de Avitus.
Ningún comentario:
Publicar un comentario