representación de Reckiario |
Avitus, cónsul
sen colega en oriente.
xaneiro, 1: en Roma Avitus accede ao consulado nunha
cerimonia onde Sidonio le un
panexírico na súa honra composto para a ocasión. A cambio Avitus ordena erixirlle
unha estatua de bronce no forum Traianum.
Avitus busca recoñecemento oficial por parte de Marciano, pero non chega.
en Carthaginensis
os suevos reinician as súas incursións. Reckiario
insiste en non recoñecer a autoridade de Avitus.
importantes reparacións no encoro de Ma’rib (Yemen)
segundo unha inscrición.
os vándalos atacan Córcega e Cerdeña. Marciano tenta que
cesen estes ataques enviando unha embaixada a Carthago.
Avitus nomea magister militum a Ricimer (por detrás de Remistus),
que recruta un exército e unha flota con mercenarios xermanos. Coa flota
derrota os vándalos nas proximidades de Córcega. Tamén os derrota en terra en Agrigentum (Sicilia).
o éxito fortalece a Ricimer; el e Maioriano, comes domesticorum,
deciden tomar a iniciativa. É dubidoso se actúan conxuntamente porque comparten
intereses ou porque comparten ambicións. Quizás entenden que precisan apoiarse
mutuamente en contra de Avitus, inda que só coxunturalmente.
a pesar das repetidas protestas de dúas embaixadas conxuntas
de Avitus e Teodorico II, Reckiario
estende as súas accións tamén por dúas veces consecutivas á propia Tarraconensis.
Ricimer vese impotente para frear novos ataques
vándalos; esta vez na propia península, onde atacan e destrúen Capua.
tropas romanas reprimen disturbios en Armenia.
en Roma a situación de Avitus é cada vez máis feble. Non
conta co apoio da aristocracia italiana nin tampouco do pobo. Cúlpaselle da
carencia de alimentos e de incapacidade de frear os ataques vándalos. A
decisión imperial de pagar as súas tropas godas co bronce tirado de edificios e
estatuas públicas tampouco axuda. Prodúcense disturbios, atizados por algúns
senadores. Vese forzado a prescindir de tropas galas e os seus bucellarii godos, que son licenciados e
deben volver a Gallia, deixándoo máis
desprotexido.
Ricimer e Maioriano son autorizados polo Senado a
emprender accións militares contra o propio emperador.
Patricio abandona Britannia
cara Hibernia para estender o
catolicismo.
os anglo-saxóns convocan os britanos en Stonehenge para
negociar unha paz pero atácanos e masacran a case todos os asistentes.
ás costas de Callaecia
(quizás zona luguesa) chegan sete naves. Delas baixan 400 homes con armas
lixeiras que se enfrontan a un grupo de homes do país que lles sae ao paso, ponos
en fuga, morrendo unicamente dous dos atacantes, que se retiran aos seus barcos,
fuxindo e saqueando as costas de Cantabria e Vardulia de camiño de regreso a Gallia. Quizás é un dos ataques
periódicos dos herulos contra a costa atlántica entre 450 e 460; quizás un
ataque godo deliberado, ordenado por Teodorico II para sementar o pánico na
retagarda de Reckiario.
os burgundios inician acción fóra de Sapaudia.
prodúcese o “latrocinio de Braga”, una acción da bacauda (Hyd., Chron., 179: in conuentu parte Bracarensis, latrocinantum depraedatio perpetratur); a bacauda estende accións ata Callaecia logo das matanzas de Frederico en 454 ex auctoritate romana.
prodúcese o “latrocinio de Braga”, una acción da bacauda (Hyd., Chron., 179: in conuentu parte Bracarensis, latrocinantum depraedatio perpetratur); a bacauda estende accións ata Callaecia logo das matanzas de Frederico en 454 ex auctoritate romana.
barcos cargados de produtos
orientais chegan a Hispalis e os
mercadores difunden a noticia da vitoria de Marciano sobre os lazas. As rutas
entre occidente e Constantinopla seguen abertas, e desempeñan un papel
prioritario na transmisión de información. Ao parecer tamén seguen abertas as
rutas dende os portos orientais a Britannia,
atravesando as columnas de Hércules. O autor da biografía do patriarca de
Alexandría Xoan III o esmoleiro
(610-619) describe a chegada dun barco desta cidade ás costas británicas a
comezo da segunda década do século VII. Os comerciantes bizantinos que se dirixen
ao Atlántico, van na procura de estaño, que intercambian por grao exipcio.
Ricimer ataca a Remistus en Ravenna. Este foxe cara Classis
e é asasinado no pazo.
setembro: Teodorico encabeza un
exército baixo as aguias de Avitus cara Hispania
seguindo as vías dende Burdigalia a Asturica. No exército habería continxentes
burgundios, segundo Jordanes. A expedición pretende principalmente quebrar
substancialmente o poder suevo.
setembro: Avitus foxe a Arelate. Tenda pedir axuda a Teodorico
pero este xa está de cara a Hispania
e volve a Italia coas forzas que pode
reunir en Gallia.
masacre de monxes monofisitas de
Nablus a causa dos samaritanos por encargo do patriarca de Xerusalem.
setembro, 7: tremor de terra en Savaria (antiga Szombathely, no estremo
oeste de Hungria) que destrúe a cidade.
despois da morte de Quodvultdeus en Neapolis, onde estaba exiliado, Gaiserico non permite que se nomee a ninguén como novo bispo de
Carthago.
outubro, 5: batalla do río Urbicus, próximo a Asturica (doce millas). Teodorico e Reckiario enfrontan as súas
forzas. As suevas son desbordadas e moitos foxen do campo de batalla, incluído
Reckiario, que está ferido: Mox Hispanias
rex Gothorum Theodoricus cum ingenti exercitio suo et cum uoluntate et
ordinatione Auiti imperatoris ingreditur: cui cum multitudine Suevorum rex
Richiarius occurens duodecimo de Asturecensi urbe miliario ad fluuium nominee
Vrbicum III non. Octubris, die VI feria, inito mox certamine superantur. Caesis
suorum agminibus, aliquantis captis plurimisque fugatis ipse ad extremas sedes
Gallaciae plagatus uix euadit ac profugus). Pero Teodorico non se conforma
e semella intención de eliminar significativamente o poder suevo. Diríxese ao
corazón dos asentamentos suevos.
posible establecemento do limes visigodo: unha
serie de prazas fortes ou campamentos fortificados (castella e castra), unha segunda liña
de cidades importantes ben fortificadas e a miúdo lugares onde se acuña moeda e,
finalmente, unha gran vía de comunicación estratexicamente organizada arredor
destes puntos fortificados.
outubro, 17/18: Avitus é derrotado nunha sanguenta
batalla en Placentia. É capturado e
perdóaselle a vida e resulta ordenado bispo da cidade. Sen embargo, non se sinte
seguro e decide fuxir cara Gallia.
Morre no camiño (uns din que asasinado, outros de fame).
semella que a deposición de Avitus non foi mal vista por
Constantinopla. Ricimer, a diferenza de outros, non é patricius por obra dun emperador occidental a quen debera o ascenso
e a quen estivera ligado. Recibe o rango de León I, pero logo de recibilo, consérvao durante os réximes de
varios emperadores occidentais sucesivos. No seu caso o rango de patricius adquire unha condición
independente.
igualmente, desdeñará o rango de consul (só un ano, 459). O consulado representa vincularse ao
réxime. O segundo e terceiro consulado eran prerrogativa da familia real. Para
Ricimer isto xa carece de significado. Igual que logo Odoacro e Teodorico o
grande, que nunca foron cónsules.
outubro, 28: Teodorico segue a vía
Nova (Astorga-Bierzo-Xurés) e chega a Bracara,
que non se pode defender e é saqueada: Theuderico
rege cum exercito ad Bracaram extremam ciuitatem Gallecia pertendente V kal.
Nouembris, die domenico, etsi incruenta, fit tamen satis maesta et lacrimabilis
eiusdem direptio ciuitatis. Profánanse basílicas, destrúense altares,
secuéstranse as virxes de Deus e os cregos resultan espidos (róubanlles a súa
roupa de culto, quizá vinganza polo apoio de Reckiario ao catolicismo). Permanece
na cidade varios meses, quizás utilizándoa como base dende a que ir atallando a
resistencia sueva en Callaecia.
novembro/decembro: capturan a
Reckiario en Portus Cale, trasládano
a Bracara e axustízano alí en
decembro: Rechiarius ad locum qui Portum
Cale appellatur profugus regi Theuderico captious adducitur – Occiso Rechiario
mense Decembri. Para Hydacio,
isto supón a fin do reino suevo: regnum
destructum et finitum est Suevorum. Quizás Teodorico non se sente tan dono
da situación.
Aegidius, magister militum no norte de Gallia.
finais de ano: Teodorico nomea a
un tal Axiulfo gobernador do reino
suevo e entra en Lusitania, onde Emerita tamén fora base real sueva.
Considera saquear tamén esta cidade, debido á súa resistencia. Finalmente non o
fai e instala alí un campamento de inverno. Segundo Isidoro (Historia de regibus gothorum, vandalorum,
sueborum) fronte aos muros de Mérida, retírase sen saquearla, ante
un prodixio que o aterroriza con horribles visións e que piadosamente se atribúe
a Eulalia, protectora da cidade.
no entanto, Callaecia sofre as secuelas inevitables
da guerra e os axustes de poder: un aumento de bandidos e a reorganización a
pequena escala dos suevos sobreviventes.
Teodorico cumpre a súa misión cum
uoluntate et ordinatione Auiti imperatoris: destrúe o reino suevo e reintegra as provincias ao control romano. A
capital diocesana volve a control imperial en moitos anos.
morre
Anko logo de dez anos no trono. É asasinado por Mayowa no Okimi
en represalia pola morte de seu pai. Yuryako, irmán e Anko, é o novo
emperador de Xapón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario