imaxe onde Vortigern selaría un pacto con Hengest e Horsa www.ict.griffith.edu.au |
a ampliación das
murallas terrestres en Constantinopla para duplicar a súa consistencia está
finalizada. Antemius, prefecto do
pretorio, tomara unha decisión que resultou ser crucial. Primeiro hai un foxo
de case vinte metros de anchura e sete de fondo; logo un primeiro muro, non moi
alto, preparado para protexer arqueiros; a continuación unha segunda muralla de
oito metros de altura e unha terceira inda máis elevada cun cento de torres de
vinte metros de alto sobresaíndo da muralla, cadradas ou poligonais; finalmente
hai sete portas principais de acceso. Esta terceira muralla nunca será atravesada
durante unha acción militar nos mil anos seguintes. En total o murus novus ten 7 kilómetros de
lonxitude e 60 metros de ancho.
o muro principal erixiuse en pouco máis dun ano con técnicas tamén usadas
para o Hipódromo: formigón revestido de diminutos manpostos de caliza, reforzados
a diversas alturas por medio de verdugadas de ladrillo –duns 15/30 cms de
altura cada unha–, con leitos de morteiro do mesmo espesor. As torres, excepto
a que flanquea a Porta Dourada, xunto ao castelo das Sete Torres, e as que
daban ao mar de Mármara, están adornadas con enormes bloques de mármore. Os
pasadizos e esqueiras do interior das mesmas están cubertos con bóvedas de
canón, feitas de ladrillos de canto; as cúpulas das cámaras están feitas con
aneis concéntricos de ladrillos.
xaneiro, 27: tremor de terra en Constantinopla e os territorios
circundantes. O pánico xeneralizado fai que moita xente abandone a cidade. Deterioro
importante das murallas da cidade: 57 torres son case destruídas. A ameaza de
pragas e fames esténdese pola cidade e Teodosio
II ordena a Constantino,
prefecto do pretorio do leste, que supervise as reparacións e, empregando as
faccións do circo (demoi), o traballo
faise en 60 días. Hai novas de grandes desperfectos noutras zonas próximas á
cidade.
León I tamén toma partido polos inimigos de Agrestius de Lucus. A oportunidade que representara, para a igrexa occidental,
de presentar un frente unido coa visita de Agrestius a Gallia en 441, queda en nada.
en Toletum un sínodo tamén
condena as doutrinas priscilianistas. Tenta engadir a cuestión do filioque ao credo de Nicea pero a igrexa
oriental rexeita tal proposta.
Atila invade territorio
romano e derrota as tropas orientais na batalla do río Utus. Os ataques hunos
alcanzan as Termópilas e saquean Serdica, obrigando ao praefectus
praetorio a repregarse dende Sirmium ata Tesalónica. As tropas romanas fan o que poden para hostigar a
retagarda huna e así dar tempo a reparar as quebradas defensas de
Constantinopla.
Valamiro, fillo de Vandalarius, xefe dos ostrogodos en Pannonia e os xépidos de Ardarico, entre outros, actúan baixo as
directrices de Atila.
morre Chlodius e accede o seu fillo Meroveo á xefatura dos francos salios.
Probablemente a maioría da información sobre este xefe é pura lenda para
glorificar a posteriori aos reis “merovinxios”. Asenta o seu continxente nas
proximidades do río Merwede, parte do delta Rhin-Meuse-Scheldt.
Maioriano segue defendendo Tours
contra a bacauda. Participa baixo as
ordes de Aetius en ataques aos
francos na proximidade de vicus Helena
(na rexión do Artois). Ao servizo de Aetius tamén se atopan xa o suevo Ricimer e o galo Aegidius.
Ricimero é
ariano, fillo dun príncipe da casa real sueva (quizás Hermengario) e dunha filla de Walia.
Pasara a xuventude na corte Valentiniano
III, onde foi adquirindo rango ao servizo de Aetius.
procedentes de Xutlandia e norte da actual Alemaña os xutos, anglos e saxóns atacan Britannia en proporcións cada vez maiores. As lendas envolven os feitos: un caudillo britano chamado Vortigern, incapaz de resistir por si os inimigos do norte pide axuda aos xutos, gobernados por dous irmáns, Hengest e Horsa (dise que estes nomes significan "semental" e "cabalo", polo que non sería raro que toda a historia sexa ficticia).
pero cedo xorden disensións na
alianza entre os britanos dirixidos por Vortigern
e os mercenarios (Vortigern concedéralles a
illa de Thanet, Kent): estes fundan os seus propios dominios e rexeitan a
autoridade britana que os trouxera á illa para facer frente aos pictos e
irlandeses.
unha versión dos feitos conta que Vortigern casa con
Rowena, a filla de Hengest, pero durante a festa posterior á voda emborrachan
os britanos, matan a Vortigern e fanse co mando. É posible que os xutos foran
realmente chamados polos britanos, pero tamén poderían ter inventado a historia
para lexitimar a invasión. Logo do primeiro asentamento xuto, os anglos non tardan en asentarse ao norte do Támesis, mentres
que os saxóns ocupan a parte sur da illa, rodeando os xutos. Grupos de
britanos foxen e aséntanse en Gallia.
outra versión dos feito conta que Vortimer se rebela contra seu pai Vortigern e “usurpa” o seu título e autoridade provisionalmente; quizás en desacordo coas alianzas paternas.
os hunos parecen imparables en todas partes: penetran no
imperio persa por Sogdiana, chegan a India e fan incursións no imperio gupta. as
fontes indias falan dun rei huno chamado Toramana.
Xermanus volve a Britannia con Severus de Treves co propósito de combater o pelaxianismo e apoiar os britanos contra pictos e saxóns na batalla de “Alleluia”. Expulsa os irlandeses de Powys (Gales).
inverno: Teodosio
II decide cambiar de estratexia en relación á cuestión huna (pasa da
agresividade ao esforzos por pacificar a situación) e destitúe a Aspar e Aerobindus.
morre Aerobindus
(magister militum).
decembro, 23:
eclipse total de sol (constancia escrita en fontes hispanas e galas).
Ningún comentario:
Publicar un comentario