Alarico, xefe godo |
No outono, Estilicón combate os vándalos e alanos que invadiran Raetia.
O populacho cristián de Cartago lincha pagáns e destrúe templos e "ídolos". Tamén en Gaza, o bispo local Porfirio ordea o linchamiento dos pagáns e a demolición dos nove templos restantes inda activos na cidade. O XV Concilio de Chalkedon decreta a excomulgación (incluso despois da súa morte) dos cristiáns que inda manteñan boas relacións cos seus parentes pagáns.
Gainas morrera a mans de Uldino e o ano comeza con aires de vitoria en Constantinopla. Fravita recibe o honor de ser nomeado cónsul, un feito que agrada a Estilicón, quen o ten en gran estima; os dous coñécense dende tempos de Teodosio I, "igualmente de orixe bárbara e namorados da gloria romana". Todo semella unha balsa de aceite. Pero a discordia chega de mans de Aureliano, que se apoia nunha poboación cada vez máis en contra dos bárbaros e tamén na emperatriz Eudoxia. Conseguirá matar dous paxaros dun tiro: alcanza a Fravita, e a través do xeral ao seu irmán Cesarius. O enfrontamento baséase nas relacións amistosas de ambos con Estilicón, quen "ameazaría a independencia e os valores de Oriente". O caso é que Aureliano, o verdadeiro amo de Constantinopla, odia a todos os bárbaros. Frativa e Cesarius caen en desgraza e son condenados a morrer logo dun xuízo sumario. A emperatriz e o seu fillo Teodosio (II) son proclamados augustos. Con Aureliano como prefecto do pretorio na corte de Constantinopla, os nacionalistas continúan no poder, que reterán durante moito tempo. Estilicón ten as mans atadas xa que debe facer fronte a serias ameazas en Italia.
En novembro, Alarico chega cos seus homes á península en busca dun lugar onde asentarse. Cae Aquileia e outras poboacións preto dela. Mediolanum é o próximo obxectivo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario