sábado, 12 de marzo de 2011

801

condados cataláns a finais do s. ix
Aproveitando a crise do emirato de al-Andalus, Luís, rei de Aquitania, tomou Barcelona e ocupou unha estreita franxa de terreo ao sur dos Pirineos, dende o Mediterráneo ata a parte máis oriental dos territorios vascos coñecida coma Navarra. Estes territorios constituíron a denominada marca hispánica, dividida en pequenos condados: Aragón (con capital en Jaca), Sobrarbe (Ainsa), Ribagorza, Pallars (Tremp), Urgel (La Seo), Cerdaña (Prada), Rosellón (Perpiñán), Ampurias, Ausona (Vic) Girona e Barcelona. Algúns estiveron gobernados por nativos, como o de Aragón, mentres que outros dependían de nobres francos, como Sobrarbe, Ribagorza e Pallars, que dependían do conde Guillerme de Tolosa, ou Urxel e Ausona, do conde Borrell. O primeiro conde de Ampurias foi Ermenguer e encargóuselle a defensa das costas. Inda que Girona xa levaba tempo baixo protección franca, Luís puxo como conde a Rostán. Por último, como conde de Barcelona foi elixido Bera, un nobre da Septimania.

No norte de Xapón inda quedaban pobos bárbaros que efectuaban as típicas incursións. Para minorizar o problema o xeral Sakanue no Tamuramaro foi nomeado shogun (=xefe militar contra os bárbaros).


En México, os mixtecas das montañas empezaron a enfrontarse aos zapotecas que habitaban nos vales. A súa cultura avanzara notablemente; por exemplo, eran excelentes ourives: traballaban en prata, ouro, cobre e algunhas aleacións.

A cultura maia iniciou un rápido proceso de decadencia do que non se coñecen as causas; especúlase cun agotamento das terras, ou a aparición da malaria, ou desordes sociais en contra da clase sacerdotal, ou tal vez o declive se producira por causas externas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario