viernes, 26 de julio de 2013

xxviii. reinados de fernando vi e carlos iii

Fernando VI
229. Fernando VI (1746 – 1759). A Filipe V sucedeulle o seu segundo fillo Fernando VI, un dos monarcas máis bos, nobres e pacíficos que ten tido a nosa Patria.

Dedicou toda a súa atención a fomentar a cultura e os intereses materiais do país. Nesta obra de reconstrución nacional, auxilioulle poderosamente o seu gran ministro o Marqués da Ensenada, baixo cuxa administración se fundaron os Pósitos ou almacéns de trigo para facilitar a sementeira a labregos pobres; creáronse os Montes de Piedade nas grandes capitais para matar a usura; e abríronse canais, construíronse camiños, creáronse non poucos centros de ensino, e fomentáronse de gran maneira a agricultura, a industria e o comercio.

230. Pasamento de Fernando VI. Fernando VI, de carácter melancólico, sufriu un golpe moi rudo ao perder á súa esposa Dona Bárbara de Braganza; retirouse nun castelo, e morreu, deixando lembranza imperecedoira do seu breve reinado.

marqués da Ensenada
231. Carlos III (1750 – 1788). A Fernando VI sucedeuno seu irmán Carlos III, rei das Dúas Sicilias, cuxa coroa abdicou no seu fillo Fernando.

Pronto se gañou Carlos III a simpatía dos españois, pois as súas medidas e disposicións foron ben recibidas.

232. Desacerto de Carlos III. Foi un desacerto de Carlos III o ter asinado un tratado con Francia, que se chama Pacto de Familia, polo que España se viu envolta en dúas guerras, contra Inglaterra e Portugal.

As flotas inglesas apoderáronse da Habana e de Manila, que foron recuperadas a cambio de a Florida, perda que Francia compensou cedendo a España a Luisiana Meridional. Como resultado da segunda guerra recuperamos a Florida e a illa de Menorca, que inda conservaba Inglaterra, a illa de Fernando Poo e demais posesións no Golfo de Guinea, que pertencían a Portugal.

233. Beneficios do reinado de Carlos III. Carlos III, durante a paz, levantou grandes edificios en Madrid e provincias; traballou sen cesar pola riqueza pública; protexeu a cultura e moitas industrias, e fomentou a mariña, que chegou ao seu maior poderío.

Carlos III
234. Motín de Esquilache (1776). Esquilache, ministro de Carlos III, tentou prohibir o uso da capa longa e o sombreiro chambergo, o que non puido conseguir, pois o pobo amotinouse e puido conseguir que o rei o destituíra e desterrara.

235. Expulsión dos xesuítas (1767). Téndolles atribuído aos xesuítas – tal vez a suxestión de Aranda – ser instigadores do motín de Esquilache – o que, naturalmente, non se puido comprobar – e receoso o rei do prestixio que adquiríaa a Compañía de Xesús, fundada por Ignacio de Loiola, por ter producido tantos homes eminentes e posuír gran influencia, decretou a súa expulsión e confiscación de bens. Esta inxusta medida foi un dos primeiros síntomas da infiltración en España das ideas revolucionarias e afrancesadas.

236. Xuízo acerca do reinado de Carlos III. Carlos III preocupouse da riqueza do país e fomentou canto puido o ensino, a agricultura, a industria, as ciencias e as artes.


a "súa" historia de España

No hay comentarios:

Publicar un comentario