Froila I retrato figurativo, século xviii www.eltesorodeoviedo.es |
morre
Afonso I en Cangas de Onís, sucedido
por Froila I, fillo seu.
Aethelbald de Mercia é
asasinado nun golpe cortesán, sendo brevemente sucedido por Beornred; derrotado á súa vez por Offa, parente de Aethelbald. Mercia perde a súa supremacía no sur de Britannia.
Cynewulf e os nobres apartan a Sigeberht de Wessex, a quen se lle
concede Hampshire como ealdorman pero logo de matar a un dos
seus propios homes, tamén perde este dominio.
fundación
da cidade de Sijilmâsâ por unha tribo
bérber que adopta o khariismo e
establece un emirato que se converterá nun rico centro comercial como punto
occidental final do comercio que atravesa o Sahara
desde Ghana.
xaneiro,
29: An Lushan, emperador yan, é asasinado polo seu propio fillo, An Qingxu, que nomea a Shi Siming primeiro ministro.
batalla
de Suiyang: 7000 homes baixo Zhang Xun defenden a cidade. Zhang tenta,
sen éxito, conseguir comida das fortalezas próximas; logo dun asedio de dez
meses, a cidade é conquistada polos rebeldes. Estímase que entre 20000 e 30000
persoas resultaron canibalizadas durante ese tempo; sobreviviron 400.
marzo,1:
asemblea franca en Compiègne, onde Tassilo
III de Baviera recoñece a supremacía de Pipino, facéndose vasalo dos francos; xura a commendatio a Pipino e compromete a súa alianza. Unha embaixada
bizantina trae como agasallo un órgano.
marzo,
9: un tremor de terra causa enormes destrucións en Palestina e Syria.
abril,
26: morre Estevo II, sucedido polo
seu irmán Paulo I como bispo de Roma,
que se impón a un rival chamado Teofilacto;
o seu nomeamento é comunicado a Pipino, e non ao basileus, como era costume.
Desiderio, duque de Brescia, imponse
a Ratchis como rei lombardo.
maio
- xuño: Abd al-Rhaman ibn Habib,
emir de Ifriqiya é derrotado polos
bérberes ourfeddjouma, en rebelión en
torno a Kairouan, conquista e saquea a
cidade.
novembro,
13: os tang baixo o xeneral Gou Ziyi e a axuda dos uigures son quen de recuperar tanto Chang'an como Luoyang, e o exército rebelde é forzado a retirarse cara o leste.
Ningún comentario:
Publicar un comentario