www.aliexpress.com |
morre Anbasa,
sucedido de xeito interino por Udra.
Aos poucos meses ocupa o cargo de emir Yahyá,
quen decide seguir unha política pacifista, absténdose de atacar tanto a
francos como a cristiáns.
León III ordena destruír unha gran
icona dourada coa efixie de Cristo na porta Chalké
do pazo imperial. Iníciase o conflito da iconoclastia. O basileus publica un serie de edictos nos que se prohibe a adoración
das imaxes. A maioría do clero, especialmente en Italia e Grecia, oponse aos
edictos dun xeito abertamente hostil e esas rexións rexeitan obediencia ás súas
reformas.
Ine de Wessex abdica e peregrina a Roma. O
novo rei é Aethelheard, cuñado e
curmán lonxano.
Dúngal mac
Selbaig é
deposto como monarca de Dál Riata,
sendo sucedido por Eochaid mac Echdach,
fillo do anterior rei Eochaid mac
Domangairt.
primeira mención da cidade de Antuerpen.
primeiro torneo de sumō
documentado en Xapón.
Maslama ibn Abd
al-Malik
reinicia expedicións contra Anatolia; nunha delas saquea a cidade fortaleza de Caesarea.
xenetes dirixidos por Abdul Rahman al-Ghafiqi, gobernador da Septimania, devastan Avignon, Viviers, Valence, Vienne e Lugdunum.
morre Marcello
Tegalliano, sendo sucedido por Orso
Ipato como terceiro dogo de Venecia. É recoñecido por León III, que lle
concede o título de hypatos.
actividade sísmica no Mediterráneo: erupción da illa
volcánica de Thera, mentres a cidade de Gerash é arrasada por un tremor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario