ruínas da cidade maia de Tonina lajoyahotelsancristobal.com |
o islam
herda do xudaísmo a prohibición de representar imaxes de animais ou persoas, o segundo
mandamento transmitido por Yahveh a Moisés; unha medida contra o politeísmo
israelita. Ao contrario que os cristiáns, os xudeus nunca deixaran de acatalo. Yazid II ordena, seguindo este mandato,
a destrución das imaxes relixiosas das igrexas e enemístase coa poboación siria,
tendo que sufocar unha importante revolta.
bávaros
e alamanos rebélanse contra Carlos
Martelo.
Dungal sucede a Selbach no reino de Dál Riata.
K’inich Ich’aak Chapat,
soberano da cidade maia de Toniná.
Bonifacio tala un carballo
sagrado (Donareiche) en Fritzlar, Hesse, iniciando así a ‘cristianización’
de zonas saxonas. Fai de Büraburg, un asentamento franco fortificado, a súa
base relixiosa temporal.
Carlos
Martel apresa a dous dos seus sobriños, Arnulfo
e Pipino, fillos de Drogon de Champana, e permite que
morran na cadea. O outro, Hugues, élle
fiel e recibe a cambio bispados (Rouen, Paris, Bayeux, Avranches, Lisieux) e
abadías (Jumièges e Fontenelle).
Ningún comentario:
Publicar un comentario