Bobbio visto desde o banco dereito do Trebbia bangortobobbio.blogspot.com |
xaneiro, 22: Constantino
(8 meses) é asociado ao trono por Heraclio,
seu pai, e pouco despois é prometido a súa curmá Gregoria, filla de Nicetas.
Son xestos que queren representar a consolidación dunha nova dinastía no trono
imperial.
Heraclio noméase comandante supremo do exército bizantino
xunto con seu irmán Theodoro (curopalates) para consolidar o mando do
exército.
Shahrbaraz toma Damasco e Emesa.
Aethelfrith, rei de Northumbria,
invade Gwynedd (NO de Gales) para
quebrar o poder de Edwin de Deira.
Unha forza combinada de britanos (guerreiros de Gwynedd, Powys, Pengwern e Dumnonian) son derrotados nas proximidades de Chester. Edwin refúxiase en East
Anglia, na corte de Raedwald.
Heraclio casa con Martina,
sobriña súa. O casamento ten que ser autorizado pola xerarquía eclesiástica, ao
estar dentro dos ‘graos prohibidos de consanguinidade’.
primavera: batalla de Antioquía: Heraclio mobiliza unha
forza expedicionaria ata a cidade pero é completamente derrotado polos persas. Shahin Vahmanzadegan penetra inda máis
no centro e oeste de Anatolia.
segundo Isidoro,
Sisebuto encomenda unha campaña militar contra os astures ao seu xeneral Requila, que os somete.
xullo, 24: Axilulfo asina unha
disposición autorizando a fundación de Bobbio
por Columba en territorio lombardo.
morre Theuderico II de
disentería en Metz mentres prepara unha campaña contra Clotario II, e deixa catro fillos menores de idade. Brunequilda pretende ser rexente do
maior, Sixeberto II, ilexítimo (10
anos).
primavera/ verán: Clotario II, aconsellado por Pipino de Landen e Arnulfo de
Metz ataca os territorios de Brunequilda,
reina de Austrasia e Burgundia. O
exército de Austrasia, baixo o
mordomo Warnachar II, decide pasarse
ao lado de Clotario II antes de plantar batalla en Andernach.
Clotario II avanza, apresa a Brunequilda e os catro fillos de Theuderico
II. Warnachar II é confirmado no seu cargo de mordomo.
outono: os fillos de Theuderico corren destinos distintos: Sixeberto II e Corbus son asasinados; Meroveo sálvase por ser afillado de
Clotario e é enviado a Neustria en
segredo; e Childeberto escapa sen
que se saiba quen é. Clotario II acusa a Brunequilda (70 anos) de ter asasinado
ata dez reis francos. Ordena atala a un cabalo e deixa que morra arrastrada
polo animal.
Clotario II, rei de todos os francos.
Brunequilda é vítima dunha masiva damnatio memoriae dirixida contra ela por Clotario II. Luxeuil é un
dos epicentros desta damnatio, xa que
Theuderico II expulsara de alí a Columba
e logo este negárase a bendicir os seus bastardos cando llo pide Brunequilda.
Ademais, Clotario apoia deliberadamente o mosteiro.
Muhammad comeza a súa prédica pública en a Meca.
Yangdi cruza o río Liao e asedia Manchuria. Durante a campaña, Yang Xuangan, oficial da dinastía Sui,
rebélase cerca de Luoyang; temendo ser atrapado entres dúas frontes, Yangdi
retira o seu exército.
os eslavos conquistan Novae,
importante posesión bizantina nos Balcáns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario