Sisebuto |
febreiro, 19 (entre ... e marzo, 15): morre Gundemaro, sucedido por Sisebuto, unha persoa con certo interese pola cultura (escribe Vida de san Desiderio e Astronomico: sesenta hexámetros dedicados á influencia dos astros sobre as persoas).
Harsa, rei de Thaneshwar, unifica varios reinos do N de India, formando un estado poderoso no que florecen a cultura e a tolerancia relixiosa; atribúenselle tres obras de teatro en sánscrito.
Theuderico II, logo de asegurarse a neutralidade de Clotario II coa promesa de cederlle o ducado de Dentelin, reúne un exército en Langres e avanza cara Toul contra seu irmán Teodeberto II de Austrasia.
Harsa, rei de Thaneshwar, unifica varios reinos do N de India, formando un estado poderoso no que florecen a cultura e a tolerancia relixiosa; atribúenselle tres obras de teatro en sánscrito.
Theuderico II, logo de asegurarse a neutralidade de Clotario II coa promesa de cederlle o ducado de Dentelin, reúne un exército en Langres e avanza cara Toul contra seu irmán Teodeberto II de Austrasia.
primavera: Priscus recupera Cesarea de Capadocia dos persas.
xuño: Teodeberto II é derrotado na batalla de Toul e refúxiase, primeiro en
Metz e logo en Colonia, ata onde é perseguido por Theuderico. Teodeberto consegue
reunir un novo exército composto por alamanos, turinxios e saxóns.
xullo: nova derrota de Teodeberto II na batalla de Zulpich; ten que fuxir
alén do Rhenus mentres Theuderico II
entra en Colonia.
Teodeberto II é apresado polo chambelán Berthairo, trasladado a Colonia e desprovisto dos símbolos reais,
sendo encerrado nun convento en Chalón por Brunequilda,
onde morre pouco despois de xeito violento. Meroveo, fillo de Teodeberto II, inda un bebé, é esmagado contra
unha pedra. Theuderico II, rei de Austrasia e Burgundia.
agosto, 13: Eudocia, emperatriz,
morre de epilepsia. Deixa dous nenos e é soterrada nos ‘Santos Apóstolos’.
outubro, 19: inicio do reino de Muwaan
Mat, en Palenque; sucede a Aien Yohl
Mat (morto agosto, 6).
outono: a doutrina celta de Columba
difería da romana nalgúns aspectos: unha asemblea de bispos condénao e decide cruzar os Alpes, chamado por Axilulfo. Gallus, enfermo, non pode seguilo e permanece nos Alpes, onde
constrúe unha cela e un hospicio en Steinachtal, futuro mosteiro de St. Gall.
a
publicación do ‘manifesto do corán’ provoca unha controversia teolóxica entre
monofisitas, nestorianos e ortodoxos, o que contribúe ao éxito do islam.
decembro, 5: Priscus é relevado por Philippicus.
peste en
Alexandría.
Leudegasius, bispo de Mogontiacum.
avaros
e eslavos reinician as súas incursións nos Balcáns. Os bizantinos, acosados moi
seriamente no leste polos persas, son totalmente incapaces de detelos.
Yangdi invade Goguryeo cos chamados ’24 exércitos’
pero na batalla de Salsu unha forza
chinesa de 305.000 homes é derrotada polo xeneral Eulji Mundeok onde o río Yalu. Só sobreviven 2700 homes.
Arnulfo, conselleiro
de Teodeberto II, bispo de Metz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario