domingo, 17 de agosto de 2014

578

solidus de Tiberio II
es.wikipedia.org
Leovixildo funda Recopolis en honra de seu fillo Recaredo pero ten que someter unha enorme revolta na costa da Tarraconensis.

Mauricio, magister militum per Orientem, invade Mesopotamia e ataca a ambas ribeiras do Tigris. Deporta 70000 persoas de Hyrcania a Chipre e instala colonos militares para custodiar posicións estratéxicas.

verán: Wu Di emprende campañas militares en dúas frontes: contra os turcos invasores ao norte e contra a dinastía Chen no sur; sen embargo, cae enfermo e morre sendo sucedido polo seu primoxénito Xuan Di como emperador Zhou.

outubro, 5: morre Xustino II logo de varios períodos de demencia. Tiberio reina co nome de Tiberio II Constantino.

en Armorica, o lider Waroch II apodérase de Vannes e impón o seu dominio sobre Broerec. Chilperico I reacciona e recruta un exército en Touraine, Bessin, Maine, Anjou e Poitou. O continxente saxón de Bessin é derrotado polos bretóns en Vilaine, daquela fronteira da Bretaña. Waroch pide a paz e obtén Vannes a cambio dun tributo anual, garantido pola entrega dos seus fillos como reféns.

o príncipe bereber Garmul, sublevado contra os bizantinos en Mauretania, é derrotado e morto polo patricio Gennadius.

os etíopes axumitas que inda quedaban en Arabia son definitivamente expulsados polos persas. Dúas flotas persas chegadas de portos de Iemen atacan os portos etíopes, que perden así a súa supremacía comercial na zona.

fúndase en Xapón a empresa construtora máis antiga da que se teñan datos, Kongō Gumi en Osaka, sobrevivirá ata 2006.

(ata 582) iníciase unha nova vaga de torturas e crucifixións a pagáns helenos na parte oriental do imperio; os últimos que quedan en Heliopolis (Baalbek) son exterminados.

Butz Chan, soberano da cidade maia de Copan.

morren Xacobe Baradai (bispo de Edessa e teólogo da igrexa siriaca monofisita), Wuffa (rei de East Anglia), Abd al-Muttalib (avó de Muhammad) e Zerezindo (dux visigodo da Cartaginensis).

Ningún comentario:

Publicar un comentario