esquema da batalla de Taginae |
febreiro, 9: Vixilius protesta
nunha encíclica escrita en Calcedonia contra o trato dispensado por Xustiniano.
xullo, 1: Narsés cruza os
Apeninos cun exército de 25000 homes e é bloqueado por Totila en Taginae (ou Busta Gallorum), un val de montaña estreito.
Narsés dispón unha formación de cuña, desmonta os mercenarios de cabalería
lombardos e herulos e colócaos coma falanxe no centro. Nos flancos coloca unha
forza mixta de arqueiros a pe e a cabalo. Os godos abren a batalla cunha carga
de cabalería pero son freados polos arqueiros que lles disparan desde ambos
lados do desfiladeiro e obríganos a retirarse sobre a súa propia infantería.
Nese momento os catafractos bizantinos toman a iniciativa e esmagan o
continxente godo. Morren máis de 6000 godos, incluído Totila.
xullo, 9: ano I da era armenia.
os restos do exército godo foxe e Narsés diríxese cara Roma, que cae logo
dun breve asedio.
os godos que logran reagruparse elixen a Teia en Ticinum,
que trata de reconstruír o seu exército.
o continxente bizantino en Hispania ao mando de Liberius
remata a conquista de Carthago Espartaria
e outras cidades na costa sureste. Estes territorios serán a provincia Spania, dependente de Constantinopla.
chegan a Constantinopla os primeiros ovos de vermes de
seda agochados en cañas de bambú.
batalla de Asfeld:
os lombardos baixo Audoino, aliados
dos bizantinos, derrotan os xépidos de Thorisindo
en Pannonia.
Cynric, rei de Wessex,
captura Old Sarum.
en Hibernia
fúndase o bispado de Meath.
Yuan Di sucede a Yu Zhang
como emperador da dinastía Liang.
Eutychius, novo
patriarca de Constantinopla.
Ningún comentario:
Publicar un comentario