Totila |
Anicius Faustus Albinus
Basilius, último cónsul.
xaneiro, 2: Laodicea
é destruída por un tremor de terra.
maio: Xoán de
Capadocia perde o seu cargo de prefecto do pretorio por unha conxura urdida
por Teodora, confíscanlle as súas
propiedades e é exiliado a Cyzicus.
maio: Hildebaldo
é asasinado por un xépido durante un banquete e algúns elixen a Erarico, un rugo, que non é recoñecido
por gran parte da nobreza goda. Xustiniano
ofrécelle o título de patricius a
cambio da súa rendición.
primavera: traslado de Belisarius ao fronte persa.
xuño, 21: Cosroes
I intervén en Lazica en apoio de Gubazes II contra unha rebelión dos
seus súbditos. Envía unha forza expedicionaria baixo Mermeroes, que captura Petra,
na costa do mar Negro, proporcionando aos persas un porto estratéxico.
xullo: Belisarius marcha cara Nisibis, cidade que asedia.
setembro: asasinan o novo rei godo nun banquete; sucédeo Totila, que aproveita a ausencia de
Belisarius para reagrupar as súas forzas: logra o apoio das clases populares ao
liberar os escravos e repartir terras entre eles, ordena construír unha flota e
diríxese cara o sur.
Xustiniano emprende reformas administrativas, unha delas
a eliminación definitiva do consulado, que xa era algo simplemente honorífico,
sen funcións reais.
o duque visigodo Teudiselo
expulsa os francos que entraran en Hispania.
outubro: dous dos maiores éxitos do imperio (aumento de
poboación e desenvolvemento de rutas comerciais) son dúas das condicións que
facilitan a extensión da peste bubónica, da que aparecen os primeiros casos en
Exipto, no porto de Pelusium, de onde
progresa ata Alexandría.
inverno: Totila defende Verona fronte a un exército imperial numericamente superior. Obtén
o control do val do Po e prepara unha ofensiva goda no centro de Italia.
o sistema cronolóxico elaborado por Victorius de Aquitania (ano 457), o cursus paschalis é adoptado como oficial.
Xustiniano asina un foedus cos lombardos de Audouino e instálaos en Pannonia para usalos como mercenarios na reconquista de Italia.
Xustiniano asina un foedus cos lombardos de Audouino e instálaos en Pannonia para usalos como mercenarios na reconquista de Italia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario