ruínas de Edessa www.edfu-books.com |
Volusianus e Dixicrates, cónsules.
maio: Aerobindus, descendente de Aspar e magister militum, acuartélase en Dara
cun exército de 12000 para vixiar e controlar Nisibis, en Persia.
Mundhir III, rei dos
Lakhmidas (árabes cristiáns) saquea palaestina
salutaris. Captura moitos romanos.
Ernakh, terceiro fillo de Atila, morre logo de reinar 34 anos.
Sucédeno dous fillos, Utigur e Kutrigur, que teñen que contar cos
búlgaros, na súa zona de influencia.
xullo: Anastasius envía un
numeroso exército contra os persas (52000 homes) en Armenia ao mando de Flavius Hypatius, pero este é
derrotado. Os romanos asedian Amida pero tamén fracasan.
agosto, fin de: Khavad I invade
Osroene e asedia Edessa. Téntao dúas veces máis en setembro pero fracasa.
Liciniano, secretario de Cesarius de Arelate, denúnciao ante Alarico II por ter querido entregar Arelate aos burgundos, de quen era súbdito por nacemento.
inverno: Cesarius de
Arelate in Burdigalensem
civitatem ... quasi in exilio relegatus, segundo se deduce da data da epist.
IV de Ruricius; pero Alarico II conta coa súa opinión e
visítano altas personalidades da corte goda, como conta o propio bispo Ruricius
na epist. III.
en Korea, o reino de Saro pasa a denominarse de Silla.
comeza o goberno de Bhanugupta,
emperador gupta de India.
Ningún comentario:
Publicar un comentario