venres, 26 de xullo de 2013

xxx. estado e civilización de españa no s xviii

247. Que distinguiu os reinados dos primeiros Borbóns. A nota que distinguiu os reinados dos catro primeiros reis da casa de Borbón, foi a súa tendencia absolutista: favoreceron o desenvolvemento da agricultura, da industria, do comercio e da cultura do país, pero procuraron diminuír os privilexios da Igrexa.

248. Obras públicas. Durante o reinado de Carlos III, termináronse os canais de rego de Aragón e de Tauste: fíxose o importantísimo pantano de Lorca; construíuse o porto dos Alfaques; levantáronse grandes edificios, e destináronse cuantiosas sumas á construción e recomposición de camiños e pontes.

249. Os costumes. Coa chegada dos Borbóns, os costumes españois experimentaron unha radical transformación.

españois célebres do s. xviii
Ennobreceuse o traballo manual, considerándoo xustamente como fonte de dignidade e riqueza; perseguiuse a mendicidade e a vagancia; instituíronse premios ao traballo e a virtude; prohibiuse o luxo desmedido, e, entre outras cousas, as guerras fixéronse menos crueis.

250. A ilustración. Os intereses morais da nación non foron esquecidos polos catros primeiros monarcas da casa de Borbón: fundaron gran número de escolas, seminarios conciliares, seminarios para mestres, Reais Academias, Museos, Bibliotecas, Observatorios Astronómicos, Xardíns Botánicos e outros centros de instrución.

Con tales medios de cultura formáronse botánicos eminentes, médicos moi reputados, físicos ilustres, xeógrafos, matemáticos, …, moitos sabios, en fin, que honraron o nome de España, así en Europa como en América.

251. As letras. Inda que as letras non floreceron como as ciencias, fundáronse algúns periódicos e revistas, que difundiron os adiantos doutras nacións e contribuíron a levantar o nivel cultural da nación.

Brillaron algúns poetas, autores dramáticos, fabulistas eminentes, historiadores, algún novelista, críticos reputados e algunhas mulleres, entre elas a doutora Dona Isidra de Guzmán y La Cerda, a primeira dama a quen admitiu no seu seno a Academia da Lingua.

252. As artes. Nas Belas Artes, operouse o mesmo renacemento que nas letras: brillaron algúns pintores, entre eles o inmortal Goya; houbo algúns escultores notábeis, e tampouco faltaron arquitectos que souberan imprimir ás súas creacións beleza e severidade.


a "súa" historia de España

Ningún comentario:

Publicar un comentario