asasinato de Viriato |
026. División da península polos romanos. Os romanos dividiron a península en dúas
provincias, que eran gobernadas por pretores: a Citerior, cuxa capital era Tarragona, e a Ulterior, que a tiña en Cádiz.
027. Períodos de dominación. A dominación romana abrangue dous
períodos: o da guerra da independencia
e o da paz ou submisión a Roma.
A dominación durou máis de seis séculos. O primeiro período abrangue 186
anos: dende a expulsión dos cartaxineses, ata a submisión dos españois, conseguida
por Augusto, ano 19 d.C.; o segundo período abrangue 428 anos; comprende dende
Augusto ata a invasión dos bárbaros do norte.
Durante o segundo período, os españois dedicábanse ás letras e ás artes,
inflúen poderosamente no goberno e civilización de Roma, e España abraza o
cristianismo.
028. Quen se distinguiu pola
independencia. Durante a
guerra da Independencia, resaltan, principalmente, as fazañas de Viriato e Sertorio e a cidade de Numancia.
029. Viriato. Viriato
era pastor lusitano que, horrorizado da crueldade e rapacidade coa que os
dominadores procedían, levantou un exército, derrotou repetidas veces aos
romanos e obrigounos a asinar un tratado vergoñento, polo cal Roma recoñecía a
independencia de Extremadura e boa parte de Castela.
Viriato morreu asasinado na súa propia tenda mentres durmía, por tres dos
seus xenerais vendidos aos romanos. Cóntase que cando os asasinos se
presentaron para recibir o prezo da súa infamia, o pretor contestoulles
mirándoos con desprezo: “Roma non premia a traidores.”
último día de Numancia |
030. Sertorio. Sertorio
foi un astuto e valente xeneral romano que, desexoso de vingarse do goberno de
Roma, viu a España e, poñéndose á fronte dos nacionais, derrotou moitisimas
veces aos romanos. Como Viriato, foi asasinado polo seu lugartenente Perpena,
vendido aos romanos.
Ao morrer Sertorio, os españois quedaron sen un xeneral entendido que lles
guiara, e case toda a Península se someteu a Roma. Os astures e os cántabros
foron os últimos que opuxeron resistencia aos pretores.
031. Numancia. Numancia
era unha cidade situada próxima a Soria, onde, despois da morte de Viriato, os
fuxitivos do seu exército atoparon hospitalidade.
032. Lealdade de Numancia. Roma pretendeu que Numancia lle entregara
aos soldados que loitaran ás ordes do gran Viriato; pero os numantinos
negáronse a iso, porque así llo esixía a súa lealdade.
033. Destrución de Numancia. Téndose negado os numantinos ás inicuas
esixencias dos romanos, estes puxeron sitio á cidade, e despois de catorce anos
de resistencia incríble, emulando a heroicidade de Sagunto, preferiron morrer
antes que renderse aos seus crueis inimigos.
Despois da destrución de Numancia seguiu un longo período de paz, que
rematou coa chegada de Sertorio a España.
a "súa" historia de España
Ningún comentario:
Publicar un comentario