representación de Aetius www.profimedia.si |
primavera:
batalla entre hunos ao mando dos fillos de Atila (Ellac) e unha coalición xermana
de ruxios, herulos, suevos, ostrogodos, sármatas e xépidos (comandados por Ardarico). Vencen os xermanos e morren 30.000 hunos.
O imperio huno
esfarélase (JORDANES, Gética 205): “ármanse, pois, ambos bandos para unha
guerra sen cuartel e enfróntanse en Pannonia,
xunto ao río chamado Nedao. Alí enfróntanse varios pobos que estiveran sometidos
ao poder de Atila. Os reinos e pobos divídense e dun só coiro xorden diversos
membros que non obedecen a unha mesma vontade, senón que unha vez cortada a
cabeza vólvense uns contra outros. Estes pobos valerosísimos no terían atopado
nunca inimigos á súa altura se non se tiveran esnaquizado a si mesmos inflixíndose
feridas mutuas. Pois considero que foi un espectáculo digno de admiración contemplar
godos loitando coas súa lanzas, xépidos enfurecido coas súas espadas, rugos
romper os dardos nas súas propias feridas, suevos que se xactan das súas ondas e
hunos das súas frechas, alanos formando liñas coa súas armaduras pesadas e hérulos
con armaduras lixeiras.” [coa súa vitoria os ostrogodos puideron liberarse da
servidume á que estiveran sometidos durante anos].
Ernak, un dos
fillos de Atila, dirixe a retirada huna dende Pannonia cara as estepas ao norte do Mar Negro. Antes tenta atacar Constantinopla pero é rexeitado. Certos grupos de
hunos pasan ás filas imperiais contra os xemanos orientais: Emnetzur e
Ultzindur son instalados na Dacia Ripuaria, nos vales dos ríos Utus, Almus e
Oescus. Outros pasan a engrosar as filas de Aspar, reforzando o continxente de
cabalería.
moitos mandatarios, principalmente ostrogodos, tamén engrosan cadros do exército romano. Outros son
asentados en Moesia e Dobrouja, nominalmente baixo o Imperio de Oriente. Os xépidos
baixo Ardarico están nos Balcáns, na actual Serbia. Os esciros de Edika entre o
Danubio e o Tisza.
os hunos arrastraran consigo os búlgaros (pobo asiático inicialmente asentado a carón do Volga – pode ser que ‘búlgaro’ proceda de ‘Volga’), que agora se asentan a carón do Danubio, ocupando o lugar deixado polos godos. Alí mestúranse con pobos eslavos que, xa libres da opresión goda, inician un proceso de expansión que os leva tanto cara o leste (Rusia) como o sur (os Balcáns). Os búlgaros adoptaron lingua e costumes eslavos polo que na práctica acabarán por mudar en eslavos.
morre Euthychius
pero o monofisismo sobrevivirá moito tempo.
a actividade da bacauda en Tarraconensis que provoca a intervención dos godos baixo o mando de
Frederico, irmán de Teodorico II, que logra aplastar
definitivamente este movemento, que quizás xa non conta co apoio suevo.
aparte do seu
efecto inmediato, esta campaña é simbolicamente importante. Anteriormente os
godos interviran por encargo imperial, pero dende os días de Wallia sempre o fixeran baixo o mando
de oficiais romanos, que coordinaban forzas romanas e tamén godas. Frederico
intervén ex auctoritate romana, pero
non baixo mando romano. A tarefa de manter o control imperial en Hispania delégase nos godos. Iníciase
unha nova fórmula pola que Hispania se
mantén ligada ao imperio por medio da intervención goda.
setembro, 4:
morre Dioscorus, bispo de Alexandría.
Antemius é nomeado patricius.
setembro, 21: concértase finalmente o enlace entre Gaudencio e Placidia, co
xuramento de lealdade recíproco dos dous pais. Algúns conselleiros (entre eles Petronius Máximus) fanlle crer que
Aetius o asasinaría logo da voda para facer emperador a Gaudencio. Co apoio do
eunuco Heraclius, primicerius sacri cubiculi, Valentiniano
III vai a Roma, onde Aetius o visita sen escolta e durante unha reunión sobre o
estado das finanzas, o emperador tira de espada e crávalla ao xeral, que morre
xunto co praefectus praetorio Italiae
Boecio, tamén presente. Gaudencio
escapa onde Gaiserico.
Valentiniano manda expor os dous cadáveres no foro para que todos soubesen
o que pasara e tenta, ás presas, convocar ao Senado para que o apoie. Esfórzase
por limitar as consecuencias do sucedido e comeza a reorientar a súa política.
O compromiso entre Placidia e Gaudencio disólvese e comprométea con Anicius Olybrius, un Anicii, tentando lograr parte dos apoios
de Aetius no seu círculo. Pero comete un erro ao saltar ao membro máis
importante do clan, Petronius Maximus, que considera o novo enlace unha afronta
persoal; ademais, el tivera relación persoal con Aetius durante vinte anos.
Heraclius ascende a comes sacrarum
largitionum. Storacius é nomeado
novo praefectus praetorio Italiae,
anterior prefecto da cidade. Maioriano
é novamente chamado ao servizo activo como comes
domesticorum e encoméndaselle a misión de reconciliar aos bucellarii de Aetius co réxime. De ter esperanza
de acadar o trono, renovando o compromiso coa filla do emperador, esta vez non é
o escollido.
envíanse embaixadas a Carthago e a Hispania
para informar aos federados do acontecido e solicitar o seu acordo coa nova
situación. A resposta vándala é positiva. Melloran as relacións e o rei incluso
permite ao clero o restablecemento da se de Carthago á petición de Valentiniano
III (outubro).
o cargo de Aetius queda vacante para previr unha nova acumulación de poder
nunha soa man, ameazando a posición do augustus.
Ningún comentario:
Publicar un comentario