domingo, 26 de agosto de 2012

combates de gladiadores: final por inanición?

tirado de
http://wwwlaotrahistoria.blogspot.com.es
en 438 publícase o código Teodosiano.

deste documento, entre moitas outras cousas, se podería deducir que nesa data inda se celebraban combates de gladiadores: non hai ningunha prohibición explícita por parte de Valentiniano III.

a desaparición dos munera gladiatoria non se explica só pola influencia do cristianismo (a nova moral tería mudado a apreciación do público en referencia ao acontecido nos combates). Coma o resto de ludi, desapareceron por efecto de varios factores relacionados.

os emperadores deixaron de patrocinalos (en 399 cérranse os ludi imperiais e só quedan os privados, que sobreviven un tempo grazas ás fortunas senatoriais). Outras causas serían: diminución do interese do público, a influencia do cristianismo (inimigo declarado deles), a escaseza de fontes de recrutamento, o enorme custo dos espectáculos e a preocupación polo mantemento da orde pública.

para Thomas Wiedemann representaban o trunfo sobre a morte do guerreiro por medio da virtus militar do gladiador, quen, a pesar de ser un infame socialmente, se redimía na area ao morrer grazas ao alarde de valor e virtus. O combate de gladiadores no funeral dun militar célebre representaba a supervivencia do militar grazas á súa virtus guerreira. Este simbolismo quedaría obsoleto co cristianismo, xa que este ofreceu un simbolismo alternativo coas festas de Nadal e Pascua.

1º factor de desaparición: os munera eran os espectáculos máis caros. Tardiamente rara vez sobrevivía máis do 50% do gladiadores que participaban xa que a missio (perdón) era cada vez menos frecuente. O editor (organizador) alugaba os gladiadores ao lanista e pagaba os mortos ou inválidos a prezo de custo.

2º factor: a escaseza de fontes de recrutamento. Moitas leis prohibían vender arbitrariamente persoas aos lanistas, que se lles puideran botar ás feras no circo sen ser xulgadas por un maxistrado ou que os cristiáns foran condenados ad ludum; porén, seguía habendo condenados ad ludum (executados polos gladiadores na area ou que se mataban entre eles), profesionais e mesmo prisioneiros de guerra. Pero estes decaeron en número pola integración progresiva de bárbaros no exército e na vida social e a escaseza de gladiadores incrementou moitísimo o seu prezo. Ao ser os xogos máis caros, cando había crise, os primeiros dos que se prescindía eran os munera gladiatoria.

en Roma sobreviviron porque eran custeados polos senadores, pagáns na súa maioría, nacionalistas e inmensamente ricos; gastaban gustosamente para preservar o mos maiorum e unha das súas últimas responsabilidades, a cura ludorum. Pero tamén aquí o seu absentismo progresivo debeu ser decisivo. Cabe recordar que non todos os aristócratas eran tan ricos coma Simmacus e moitos decidían escapar das súas obrigas; por exemplo, logo dunha lei de Constantino I de 329 debían organizar en decembro a editio (loitas e cacerías de animais salvaxes durante dez días alternos).

a estrutura da editio era a seguinte (- 02 initium muneris - 04 munus arca - 05 munus arca - 06 munus arca - 08 munus kandida - 09 munus arca - 20 munus kandida - 21 munus arca - 23 munus arca - 24 munus cosummatur).

os cuestores que a costeaban en parte, durante o s. iv e no s. v elixiron trasladar a editio a outubro porque o cristianismo foi gañando a partida; ao ter, quizás, menos soporte, eran cada vez máis infrecuentes.

3º factor: a perda de calidade dos combates; a consecuencia do anterior os gladiadores eran cada vez menos profesionais e seu atractivo para o público sería moito menor. Moitos se converten incluso en venatores, xa que as venationes, polo seu menor custo, eran preferidas polos organizadores e seguían a ser financiadas polo fisco. Tamén eran do gusto do público, que as consideraba menos cruenta, xa que as mortes humanas eran máis infrecuentes. Canto menos acostumado estaba o público ás mortes na area, máis lle debían repugnar as que ían acontecendo.

os últimos combates de gladiadores deberon ter lugar nos anos da década de 440s.

Ningún comentario:

Publicar un comentario