icono oriental coa representación de Melania a Nova |
Isodorus e Senator,
cónsules.
os hunos presionan cada vez máis aos xermanos. Gundicaro morre en combate contra Atila e é sucedido polo seu fillo Gundioco,
quen é derrotado por Aetius e negocia
con él ofrecéndolle o seu apoio contra os hunos a cambio de novas terras.
Aetius pode conter os francos nun territorio reducido.
Teodorico I inicia operativos entorno a Narbo. Isto inicia un conflito prolongado contra os romanos inda que se
ignora o detonante.
en China, o rei T’o-pa T’ao
anexa o reino Pei Yen.
Hydacio (“Hierosolymis Iuuenalem
episcopum paresidere Germani prebyteri Arabicase regionis …”) descoñece que en Efeso
se discute o nestorianismo; nunha entrada posterior na que xa fala de Nestorio, chámalle “herexe ebionita”,
sen mencionar os detalles reais do problema. Ata anos máis tarde non se coñecen
directamente os documentos relativos a esta polémica (450) e inda así non
parece que Hydacio salga do seu erro, xa que segue a falar do “herexe ebionita”
e tamén llo chama a Eutiques,
monofisita. Tranoy considera que entre os documentos chegados figuraba a
correspondencia entre Nestorio e Cirilo,
o manifesta a tardanza en coñecer de primeira man en Hispania os detalles dos acontecementos na zona oriental do
imperio.
Teodosio II decide relegar a Nestorio más lonxe, ao
oasis de Ibis, no deserto libio. O illamento parecía garantía de silencio. Una
incursión de pobos árabes permítelle buscar refuxio en Panópolis, pero unha nova
disposición do prefecto recluíuno nos confíns da Tebaida. A condena ao silencio
e a marxinación xeográfica no ocasionaron o efecto buscado: dende o exilio escribiu
unha Apoloxía (o Tragoedia) segundo se deduce da Historia
Eclesiástica de Evagrio. Pero a súa
verdadeira e polémica defensa persoal e teolóxica aparece contida no autobiográfico
Libro de Heráclides, en grego, pero
conservado en siriaco e transmitido con interpolacións.
Gunabhadra traduce o Srimala Sutra budista ao chinés.
Melania a nova chega a Constantinopla en fin de
ano chamada polo seu tío Rufius Antonius
Agrypnius Volusianus, o último dunha antiga liñaxe pagán, prefecto do
pretorio e intermediario da corte occidental en relación ás delicadas
negociacións que precederon o casamento de Valentiniano III e Eudoxia, filla de
Teodosio II. Viaxaban facendo uso do cursus
publicus, pero inda así foron precisas todas as súas pregarias no martyrium local en Tripoli para que un
funcionario proporcionara as monturas necesarias para todo o grupo (a pesar das
leis que permiten a presenza de compaña durante unha viaxe oficial).
recibiuna no pazo imperial Lausus, protector de Palladius
e de novo praepositus sacri cubiculi, “como correspondía a un home da súa disposición virtuosa,” e coa mesma
admiración pola devoción ascética que o levara a solicitar de Palladius unha
historia de homes santos: a pesar das súas riquezas e posesións luxosas, as
oracións de Lausus foran buscadas por Palladius como as do “máis fervente servo
de Cristo”, que mantiña o “medo do Señor” entre os costumes mundanos da corte.
Este home amante do ascetismo fora, sen embargo, chave nas manobras políticas necesarias
para apartar e defenestrar a Xoán
Crisóstomo e Oríxenes. Para el,
como para Palladius, ascetismo e implicación política eran inseparables.
en contraste
Melania pasara vinte anos de vida monástica no Monte das Olivas. A súa entrada
nos círculos cortesáns da capital non foi a dunha funcionaria pública, senón a
heroína ascética procedente dos lugares sagrados. As visitas ás familias
senatoriais foron as dunha conselleira espiritual, mentres que para o emperador
e a súa familia era fonte de “edificación”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario