efixie de Aelia Eudocia nunha peza no Museo Arqueolóxico de Estambul |
consulado de Teodosio
II e Valentiniano III.
febreiro, 27: Aelia
Eudocia promove o ateneo (universidade)
de Constantinopla, fundado por
Teodosio II: un centro público de ensino católico que competirá coa academia pagán (fundada por Platón sete séculos antes). Hai dez
gramáticos e tres rhetors en latín e
dez gramáticos e cinco rhetors en
grego, unha cátedra de filosofía e dúas de dereito. Tamén se reforza a
biblioteca (120000 volumes). En Roma e Berytus
(famoso polos seu xuristas) tamén se fundan ateneos.
os vándalos, baixo Gunderico,
envían expedicións a Baleares e Mauretania
Tingitana. Entran e saquean Carthago Espartharia
en Carthaginiensis, e Hispalis en Baetica.
febreiro, 28: morre
Atticus, sucedido por Sisinnius coma patriarca de Constantinopla.
maio/xuño: Aspar, fóra, e Ardaburius, dentro, logran que caia Ravenna. Xoán primacerius é capturado e trasladado
a Aquileia, onde é mutilado, exposto
en escarnio público enriba dun burro e executado no anfiteatro.
tres días máis
tarde chega Aetius co exército de
mercenarios hunos (60000?). Hai negociacións e págaselles o que se lles
prometera a cambio de que se retiren.
os hunos de Ruga atravesan a pannonia valeria, e ocupan as instalacións romanas abandonadas da valeria ripuaria, cuxa poboación e
goberno son desprazados; isto semella indicar unha entrega oficial en virtude
dun tratado, que tería que ver ou coa axuda solicitada por Aetius ou en pago á
súa evacuación de Italia por parte do novo goberno de Valentiniano III.
Castinus non é executado pero
debe pasar ao retiro, inda que morre pouco despois. Teodosio impón a un xeral
de confianza, Felix, quen é nomeado patricius e comulga co antixudaísmo da
corte oriental. Helio desempeñará as
funcións civís.
xullo, 9: os
actos lexislativos de Xoán primacerius
son anulados por unha lei promulgada en Aquileia,
dirixida ao prefecto do pretorio de Galia
Amacius. Rehabilítanse os
privilexios da igrexa católica e renóvanse as diversas sancións contra os
heréticos, notablemente o pelaxianismo. Dúas leis semellantes son enviadas ao
prefecto de Roma (17 xullo) e a Africa
(4 agosto).
Bonifacio e Aetius, os dous
ambiciosos, constitúense como ameazas para Felix. Ambos son mantidos na
periferia, lonxe da corte. O contexto político do que sae Bonifacio é confuso.
A súa dona podería ser doméstica de Gala
Placidia, o que explicaría a axuda prestada a ela nestes anos. Bonifacio é
agora comes domesticorum. Aetius é
nomeado magister militum per Gallias.
outubro, 23: Valentiniano
III proclamado augustus en Roma.
novella, antixudaica, de Valentiniano III que prohibe o
exercicio da avogacía aos non católicos; ratifica a prohibición de exercer coma
militares e posuír escravos cristiáns.
en Britannia xorde Vortigern.
data dun
contorniano que no anverso ten o busto da deusa Roma con casco e a lenda invicta Roma, felix Senatus e o reverso
mostra o fin dunha loita, cun reciario
abatendo a un secutor e a lenda reparatio muneris feliciter.
en Roma
finalízase santa Sabina, con tres naves e sen cruceiro.
en Ravenna edifícase
un novo circuíto de murallas (uns 4.5 kms de lonxitude cunhas 160 hectáreas
interiores): moito menor que Roma ou Constantinopla
ou Carthago pero comparativamente
maior que as residencias medievais dos futuros regna “xermánicos”. Tamén se inicia o futuro mausoleo
de Gala Placidia.
os hephtalitas (hunos brancos)
cruzan o río Syrdarjia e atacan e arrasan a cidade de Bactriana.
Xoán Casianus, teórico monástico latino, remata de
institutionis coenobiorum.
morre Galamiel IV e o sanedrín é desarticulado polas autoridades
romanas.
data do último documento coñecido
que utiliza a escritura demótica en Exipto.
o budismo continúa a súa
extensión polo sur-este de Asia.
en China, o rei To-pa Tao inicia unha campaña contra os
reinos Jeu-Han e Hia.
en India, Kakusthavarman, da dinastía Kadamba, reina sobre Kamataka (dende
Kaveri ata Godavin).
Ningún comentario:
Publicar un comentario