domingo, 22 de xullo de 2012

426

mapa do recinto sagrado
da cidade de Olympia

consulado conxunto de Teodosio II e Valentiniano III.

os visigodos, con Teodorico I á cabeza, diríxense cara Arelate, pero son rexeitados por Aetius, quen ao mando dun continxente de 40000 libera o asedio da cidade. Patroclo, bispo da cidade, é asasinado por orde de Felix, magister militum.

en Hispania, os restos de alanos que sobreviviran as campañas de Wallia fan rei a Gunderico, xefe vándalo.

Agostiño publica de civitate dei: rebate a teoría difundida logo da entrada de Alarico en Roma: Roma dominara o mundo como pagán e o seu declive iníciase co cristianismo: onde estaba o deus cristián, que non protexía a cidade como a protexeran os deuses pagáns? Agostiño sinala que sempre houbera ascensos e declives. Os bárbaros podían ter destruído Roma, pero non o fixeron. Cando unha cidade pagán fora protexida así dun saco? Ademais, anuncia que a caída de Roma so era o preludio da chegada dunha cidade do deus celestial, unha cidade divina que non caería nunca, senón que sería a culminación do plan divino.

o abandono de partes de Carthago reflíctese en que parte dos materiais que se empregaron na construción da nova muralla eran reciclados de edificacións anteriores, entre elas o circo, o anfiteatro, depósitos de auga e residencias particulares. Este fenómeno de reciclaxe e reconstrución é recorrente en todo o imperio.

Ciro de Panopoli, praefectus urbi en Constantinopla.

xullo, 25: morre Ursus, bispo de Troyes, que é sucedido polo monxe de Lerins, Lupus, a finais de ano.

novembro, 7: Teodosio II e Valentiniano III publican a “lei de citas”, que tenta normativizar a xudicatura e prescribe que só se pode alegar diante dos tribunais seguindo as opinións dos cinco lexisladores romanos clásicos: Ulpiano, Gaio, Paulo, Modestino e Papiniano.

novembro, 13: Teodosio II ordena a destrución de todos os templos pagáns; o emperador ocúpase con que así suceda cos de Olympia, tamén as instalacións deportivas. A estatua de Zeus é trasladada e reubicada e cristianizada en Constantinopla.

en Xapón adóptase unha escritura ideográfica, semellante á empregada en China.

K’inich Yax K’uk’ Mo’ funda a civilización maia en Copan (hoxe Honduras).

Ningún comentario:

Publicar un comentario