de civitate dei Agostiño de Hipona |
o comes hispaniarum Asterius
ataca a Gunderico e desbloquea os
suevos. O vicario Maurocellus tamén derrota
os vándalos nas proximidades de Bracara
Augusta pero non pode impedir que crucen o Douro e pasen á Baetica. Máximo é capturado por Asterius.
a campaña non sería beneficiosa,
non preservaría os equilibrios de poder que as de Wallia (instigadas por Constancio)
procuraran, así o relata Hydatius: os vándalos pasan dunha provincia periférica
a unha central.
Palladius de Galatia presenta ao praepositus imperial,
Lausus, o seu rexistro de homes
santos nas provincias orientais coma manual para a edificación espiritual da
corte imperial. Non alude, máis que de pasada, á súa traxectoria como
partidario de Xoán Crisóstomo: as
pesarosas predicións de Xoán de
Lycopolis e a súa mención ao “bispo exiliado” de Antinoe.
Teodosio II autoriza aos
cidadáns a protexer as súas vivendas con murallas.
xullo, 6: a dinastía Jin
remata en China. Liu Yu convértese
no primeiro soberano da dinastía Liu Song.
Agostiño escribe de civitate dei (22 libros): á comunidade
de Deus contraponse ao estado terreal. Para conseguir a comunidade de Deus
defende o uso, entre outras cousas, da pena capital.
agosto: os
mazdeístas persas non perdoaron a Yazdgard
I o seu coqueteo co cristianismo, e asasínano. Tampouco permiten que o seus
fillos ocupen o trono. Fin dun longo período de paz cos romanos xa que Yazdgard
era garda de Teodosio II.
sucédense as
persecucións do cristiáns en territorio persa. Abdas, bispo de Susa, é acusado de destruír un dos cinco templos de
Ahura Mazda.
(ou 415), con trinta ou
trinta e cinco anos Avitus foi
enviado da Auvernia a Constancio.
Logo pasará tempadas en Tolosa, na corte goda, e terá participación en comandos
militares ás ordes de Aetius.
setembro, 30: morre Xerome de Stridon.
tamén morren Orosio, Sulpicio Severo (escritor galo-romano, autor dunha obra sobre Martiño de Tours), Zósimo de Panópolis (primeiro investigador exipcio que escribiu
sobre alquimia).
os francos salios ao
mando do mítico Pharamond cruzan o Renus en dirección a Gallia. Repoboan e constrúen un pazo
franco en Duisburgo.
Octar e Rugila inician un período de expansión huna entre as tribos circundantes.
Chegan novamente ao Danubio.
concilio de Seleucia –
Ctesifonte a instancias do patriarca de Antioquía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario