ano do consulado
de Monaxius e Plinta.
os suevos de Hermerico son derrotados polos vándalos
de Gunderico e quedan asediados in montibus Nerbasis (de localización
imprecisa, nalgures en Callaecia).
xaneiro, 3: Honorio, mediante un rescriptus, ordena que Bonifacio I abandone Roma.
febreiro, 2: Jin Gongdi (33 anos) sucede a seu irmán
Jin Andi, discapacitado, coma
emperador da dinastía Jin. Andi é estrangulado por orde do señor da guerra Liu Yu.
febreiro, 8:
Honorio convoca un sínodo en Ravenna
que prohibe a entrada en Roma tanto a Bonifacio I como a Eulalius.
marzo, 3:
Eulalius desobedece as ordes e entra en Roma para as celebracións da Pascua. É
deposto o 3 de abril e perseguido polas tropas imperiais.
abril, 10:
Bonifacio I entra en Roma e o 29 un sínodo, promovido por Ravenna, fai que Eulalius renuncie ás súas aspiracións. Bonifacio I
é agora bispo indiscutido.
Constantinopla promulga unha
lei na que se estipula pena capital para quen adestre aos bárbaros no arte da
navegación.
en Hispania desbandada de priscilianistas.
Xerome, nunha das súas últimas
cartas, en termos moi afectuosos, trasládalle a Agostiño e Alypius os
saúdos de novas persoas chegadas a Xerusalem: Albina, Pinianus e Melania; Paula, unha moza sobre cuxa educación Xerome escribira unha longa
carta á súa nai Laeta, recibirá de
Melania a súa educación nos “camiños do señor.”
xullo, 2: nace en Ravenna o futuro Valentiniano III, fillo de Constancio e Gala Placidia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario