muros teodosianos |
primaveira: Heracliano desembarca en Italia cunha enorme
flota. Ravenna reacciona e envía o comes Marinus, que pon en fuga o contixente de Heracliano en Otriculum e o persegue ata Carthago.
Heracliano é apresado e executado; rescripto de Honorio de xullo, 5). Os seus partidarios son duramente castigados:
Marcelino e o seu irmán Apringius, delatados quizás polos
donatistas, son executados polo novo comes
africae.
a rebelión de Heracliano sorprende, pasaba por ser fiel a
Honorio: é un dos cónsules designados para o ano. Quizás unha actitude
defensiva ante posibles perdas de influencia en Ravenna a consecuencia do ascenso de Constancio, que recibe a súa fortuna cando é axusticiado. Pode que
estivera en connivencia co magister
officiorum Olympius, que tamén morre
asasinado no verán.
maio, 8: Honorio
asina un edicto onde libera de taxas as provincias de Tuscia, Campania, Picenum, Samnium, Apulia, Lucania e Calabria, que foran arrasadas polos godos de Alarico.
verán: Ataúlfo derrota e mata a Sebastianus, e a outro irmán máis, Sallustius. Jovinus foxe cara Valentia,
onde é asediado e capturado polo godo. Jovinus é enviado a Narbo, onde o praefectus Dardanus o executa como usurpador. As cabezas
dos irmáns serán exhibidas en Ravenna
a finais de agosto. Acabar co réxime de Jovinus supuxo a execución de moitos aristócratas e a
imposición de extraordinarias cargas tributarias en Auvernia.
mentres que a
usurpación de Constantino III tiña
aspiracións imperiais, a de Jovinus, con apoios na aristocracia gala, quizás
tiña simplemente unha aspiración rexional circunscrita a Gallia. Unha manifestación máis das forzas centrípetas que operan
no imperio.
Augusta Treverorum é arrasada polos
francos.
xuño, 27: Agostiño predica en Carthago sobre o
bautismo e a pexa orixinal. A súa idea central ao escribir de civitate dei é que o cristianismo non é responsable do declive
do imperio.
os burgundios
baixo Gundohar aséntanse en torno a
Worms.
os godos rompen o
pacto con Honorio e atacan e conquistan Tolosa,
e Burdigalia, inda que non Massilia, defendida por Bonifacio. A revolta de Heracliano
impedira que Constancio aportara os subministros prometidos no pacto contra
Jovinus. Attalus é novamente elevado
á púrpura. Isto desencadea que Constancio se propoña firmemente acabar con
Ataúlfo.
pequenos contixentes
saxóns empezan a asentarse na costa norte de Gallia.
Teodosio II ordena iniciar a
construción das novas murallas terrestres de Constantinopla. A obra é impulsada
e supervisada por Antemius. Este murus novus (sete kms de
lonxitude) agrandou a capital nun terzo.
Kumaragupta I sucede ao seu
pai Chandragupta II coma soberano do
imperio Gupta.
Changsu Wang, fillo de Kwanggaet’o o grande, é o soberano de
Koguryo (Korea).
tensións en
Alexandría entre Cirilo e os xudeos,
e entre Cirilo e o prefecto Orestes
(pagán), cando este detén aos cristiáns que hostigan os xudeos. Hai enfrontamentos
abertos e confiscacións de bens como represalia da administración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario