mosaicos atopados en Cetobriga sergivs.blogs.sapo.pt |
xaneiro, 30: outro edicto de Honorio condena os donatistas.
son restauradas as murallas das
cidades da Illyria. Restáuranse os
fortes na ribeira occidental do Danubio e créase unha nova flota danubiana. Os
estragos fixéranos os hunos anos antes.
as tropas galas que apoiaran a Máximo
en Hispania trasládanse a Africa. Probablemente eran novamente
leais a Honorio e foron destinadas nesa provincia.
Máximo fuxiu entre os bárbaros.
Próspero conta que, tendo renunciado á púrpura, perdoóuselle a vida
debido ao seu carácter inofensivo. Probablemente as razóns serían outras: para Constancio
sería moito máis urxente frear a Jovinus en Gallia. Non podía iniciar operacións en dúas frontes.
Ataúlfo cruza os Alpes e móvese
polo sur de Gallia, devastando a
zona. O continxente leva como reféns a Gala
Placidia e Attalus. Por consello
de Attalus inicia negociacións con Jovinus. Acaba establecéndose en Narbo.
Jovinus e os seus
aliados bárbaros reforzan as súas posicións no norte de Gallia.
Sarus, anteriormente leal a Honorio,
tamén busca negociar con Jovinus pero atrápano e mátano homes de Ataúlfo.
as negociacións con
Ataúlfo duran meses e Jovinus nomea a Sebastianus,
irmán seu, augustus. Finalmente
fracasan os contactos e os godos buscan aproximarse novamente a Ravenna.
Ataúlfo comprométese, en negociacións con Dardanus (prefecto de Gallia leal a Honorio) a enviar as
cabezas de Jovinus e Sebastianus a Ravenna
a cambio de víveres e a sinatura dun foedus.
Olimpiodoro de Tebas (Exipto) participa nunha embaixada
enviada por Constantinopla ao rei huno Donatus.
Bordeou Grecia e subiu polo Mar Negro e houbo unha terrible galerna durante a
viaxe. A historia que escribiu perdeuse case na súa totalidade inda que polos
fragmentos que quedan se aprecian as súas grandes dotes historiográficas. A
historia incluía unha descrición da súa misión e un excurso erudito sobre os
hunos.
edicto de Honorio ordenando a todos os gobernadores de
provincias que obriguen a retornar a Roma e ás súas funcións a todos os membros
das distintas corporacións (pistores,
catabolenses, suarii, pecuarii, mancipes thermarum, ...) que fuxiran cando o saco de Alarico: moitos fuxiran por medo e outros aproveitaran a ocasión de
liberarse das ataduras que lles facían a vida tan pouco amable nunha sociedade
tan estratificada onde incluso a profesión se herdaba e era difícil de cambiar.
Esta fuxida debeu dislocar enormemente a vida social da capital. Houbo tamén
unha segunda vaga de prófugos a Africa,
pertencentes ás clases altas.
morte de Teófilo,
patriarca de Alexandría; o 18 de outubro é entronizado o seu sucesor, Cirilo, sobriño seu, igualmente terco e
pouco escrupuloso.
Lázaro, bispo de Aix-en-Provence, e Herod, bispo de Arelate,
que apoiara a Constantino III, son
desposuídos das súas sés por ser maniqueos. Patroclo recolle a sé de Arelate.
un maremoto destrúe Cetobriga,
en Lusitania.
Fa-Hien, monxe budista chinés, pasa dous anos en Ceilán e máis
de 200 días no mar xa que as tormentas afastan o barco do seu roteiro pero finalmente
regresará cos textos budistas sagrados a China (414).
Demetrias, asceta famosa e corresponsal de Xerome, pertencente aos Anicii,
e a súa avoa, Faltonia Proba,
pagaron pola súa liberación aos godos e fuxiron a Africa nunha embarcación, en medio de grandes penalidades, que
alugaran nun dos portos da península. Ao desembarcar seguiron os problemas xa
que o gobernador era o comes Heracliano, famoso pola súa sede
insaciable de viño e ouro, que asasinara a Estilicón
e fora premiado co seu destino a Africa
e sucedera a Olympio no liderado do
partido católico. Nembargantes, a súa adscrición relixiosa a compatibilizaba coas
maiores desfeitas. Reunira nos portos africanos a uns tratantes de escravos
sirios que mercaban aos refuxiados; moitas damas nobres foron a parar por man
de Heracliano a harems orientais. Demetrias e Proba foron obrigadas a ...
Heracliano, comes
Africae, corta o subministro de gran cara Roma. Proclámase augustus.
Honorio condénao a morte por medio dun edicto que asina en Ravenna.
Agostiño de Hipona escribe de spiritu et llitera contra Pelaxio
e comeza a redactar de civitate dei
(rematarao en 426).
Ningún comentario:
Publicar un comentario