Eagle in the Snow (1970) de Wallace Breem é, probablemente, unha das primeiras novelas modernas sobre o declinar do Imperio Romano.
Ficciona o acontecido en Gallia e Britannia nos anos terribles en que semellaba que o reinado de Honorius, e o Imperio, chegaría ao seu fin. Houbo un sinfín de loitas cívís e desordes e varios continxentes bárbaros primeiro traspasaron o limes no Rhin e no Danubio e logo chegaron a Hispania.
Era o ano 406 a. D. e foi unha das causas directas do final do imperio en occidente. As elites romanas nas provincias desentendíanse cada vez máis do interese común que antes os ligaba e Ravenna, onde estaba agora a capital, tiña máis e máis complicado frear esas tendencias centrífugas. Coa perda paulatina de control sobre o territorio, cada vez dispuña de menos recursos e a súa autoridade xa non se repectaba. Inda houbo homes poderosos que tentaron frear o desastre pero o mundo estaba cambiando irremisiblemente inda que eles non quixeran. A historiografía tradicional fixaba nestas datas o comezo da Idade Media.
«Pensades que son afortunado porque cheguei a vello, porque coñecín un mundo que inda non fora posto patas arriba. Ao mellor estades no certo. Como tamén vós poderiades ter sido afortunados se o xeo non tivera rachado. Non acabades de saber de que estou a falar, verdade? Ben, entón escoitádeme, e eu, Paulinus Gaius Maximus, contaréivolo».
Así comeza. Aquí podedes ler o principio e o final desta estupenda novela histórica; no orixinal inglés e tamén en galego.

Ningún comentario:
Publicar un comentario