Focas coa toga consular |
os avaros ofrecen a Mauricio a liberación de 12000 prisioneiros a cambio de 6000 moedas de ouro. Mauricio non acepta, e aos soldados non lles gusta nada que o emperador valore as vidas cada compañeiro en menos de media moeda de ouro.
para colmo ordena as tropas pasar o inverno alén do limes do Danubio, cun clima moi duro.
prodúcese unha rebelión baixo a dirección dun centurión chamado Phocas, que marcha sobre Constantinopla. A cidade pode resistir perfectamente, pero Mauricio tampouco era moi popular debido á súa avareza. Prodúcese outra insurrección intra muros e Mauricio tenta fuxir por mar a Persia cos seus cinco fillos
novembro, 27: os rebeldes abre as portas das murallas e Phocas entra en Constantinopla aclamado polo pobo. Inmediatamente atopan o emperador e decapítano, non antes de que presencie a execución dos seus cinco fillos varóns.
Phocas é o novo emperador.
Cosroes II recibe novas destes feitos e decide atacar o Imperio Romano, xurando que non cesará ata que non vengue a morte do seu 'amigo e pai' e mentres Phocas non sexa axusticiado polo seu crime. A modo de preparación arrasa o reino árabe de Hira, e manda executar a Nu'man III.
Narsés, gobernador da zona norte de Mesopotamia rebélase contra Phocas en Edessa e solicita axuda aos persas. Cosroes envía unha forza expedicionaria a Armenia e cruza o Éufrates.
Gregorio I, satisfeito co derrocamento dun emperador que apoiaba as pretensións de primacía de Constantinopla, pasea as estatuas de Phocas e a súa dona por Roma en sinal de triunfo, e escríbelle para felicitalo polo seu éxito. O novo emperador destaca polos seus vicios: lascivo, bebedor e sanguinario. Milman afirma: "Sorprende que incluso a máis elemental prudencia non atemperara a linguaxe do pontífice triunfante, que se lanza a un panexírico loubando a piedade e bondade do usurpador, chama ceo e terra para que se aleden da súa entronación, augura paz e prosperidade ao imperio procedente dos seus actos piadosos e incluso semella anticipar o retorno da antigua liberdade republicana baixo o goberno do devoto e xentil Phocas."
Heraclio o Vello xa era exarca de Africa, con capital en Carthago; fora nomeado por Mauricio.
finalizan as obras da catedral de Monza.
Agostiño de Canterbury reúnese cos bispos britanos de Gales en Aust, próxima a Chepstow; repréndeos por non seguir a ortodoxia en varios asuntos; entre eles, a datación da pascua e os usos litúrxicos.
Teodeberto II e Theuderico II instalan un duque na fronteira cos vascóns.
finalizan as obras da catedral de Monza.
Agostiño de Canterbury reúnese cos bispos britanos de Gales en Aust, próxima a Chepstow; repréndeos por non seguir a ortodoxia en varios asuntos; entre eles, a datación da pascua e os usos litúrxicos.
Teodeberto II e Theuderico II instalan un duque na fronteira cos vascóns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario