10 xaneiro. Arcadio eleva o seu fillo Flavio Teodosio (II) ao rango de augustus con tan só un ano de idade. Po, con canais entre as casas e ata entón famosa polos seus espárragos. Esta situación, doadamente defendible, tamén permite unha comunicación máis rápida coa corte oriental, en Constantinopolis.
Ante a ameaza que supón a presencia de Alarico en Italia, Honorio traslada a corte imperial dende Mediolanum a Ravenna, situada entre brañas e os numerosos brazos do río Po.
roca Brancaleone, construída a mediados do XV, orixinalmente parte das murallas de Ravenna |
Ante a ameaza que supón a presencia de Alarico en Italia, Honorio traslada a corte imperial dende Mediolanum a Ravenna, situada entre brañas e os numerosos brazos do río Po.
febreiro: Alarico asedia Mediolanum, que resiste esperando o auxilio de Estilicón, que sorprende aos bárbaros aproveitando a noite e o factor sorpresa. Estilicón acosa a Alarico pero non o detén, esperando seguramente reforzos procedentes de Gallia, e así poder rodear aos homes de Alarico, quen coñecedor das tácticas inimigas procede cara o sur para non quedar atrapado.
6 abril, pascua. Estilicón, xa cos reforzos procedentes de Gallia, derrota a Alarico próximo a Pollentia. Entáblanse negociacións e acórdase a volta do continxente godo ao Illyricum (a cambio non se toman os habituais reféns por parte imperial) pero cando chega a Verona Alarico incumpre o pacto e detén a retirada.
En Gaza segue a persecución dos pagáns co beneplácito e instigación do bispo Porfirio; colaboran as autoridades locais, soldados e poboación; non só ardeu o templo principal, o Marneion para purificar o solar no que se edificaría unha igrexa cristiana, senón que tamén se levaron a cabo rexistros domiciliarios na cidade para localizar ídolos e libros pagáns que seguiron a mesma sorte que o templo. No relato de Marco o Diácono sobresae a asunción polo bispo das funcións de oficiante no que era un acto ritual de lustración debidamente cristianizado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario