domingo, 26 de abril de 2026

María de Calo e Temes

María de Calo e Temes foi a muller máis influínte de GZ no XVII, apoderada do Reino por nomeamento da Xunta do Reino de GZ (XRGZ). a súa familia tampouco era convencional: a súa avoa, a súa nai e a ela foron ricas herdeiras, casadas con profesionais e homes de negocios. eran propietarias de cargos do poder local, pero eran os seus homes os que os exerceron. elas foron testamentarias, usufrutuarias e titoras dos fillos au quedar viúvas moi novas. o apelido Calo foi símbolo da identidade familiar e o trato de doña o do seu rango.

naceu en Santiago o 9nvo1629. o pai era o avogado e home de negocios Simón Vázquez de Toubes e Temes e a nai Inés de Calo e Goyanes. ao bautismo na igrexa de Salomé asistiu o mellor da sociedade de Compostela, nom en van Simón exercía de notario maior da audiencia do arcebispo. dese matrimonio naceron tres fillos máis, Xoana, Francisca e Filipe, pero María foi a escollida e preparada para herdar o patrimonio e o negocio familiar. o pai deixoulle a mellora no seu testamento de 1641, e os dous tíos maternos deixáronlle todo.

cando morre o pai, era unha valiosa candidata para facer un bo matrimonio e o 11abr1649 casou co financeiro e home de negocios máis poderoso de GZ, Martín Rguez de la Vega. días antes, dona Inés deulle en dote o oficio de notario maior da audiencia do arcebispo para que o exercese o noivo. á voda asistiron cóengos e moitos notábeis da vila, aínda que se fixo sen ter recibido a dispensa que pediran, ou por ser parentes do lado paterno ou porque el vivira moito tempo en Fontiveros (Ávila), de onde era a súa familia, e en Madrid, e nom xustificara liberdade para casar.

Martín era tesoureiro de Cruzada e recadador de impostos da monarquía en GZ a través de arrendamento, achegaba homes e alimentos ás tropas na guerra con Portugal, iniciada en 1640, e era socio de importantes financeiros, entres eles varios xudeu-conversos portugueses. a parella sumaba un conglomerado económico ao que en 1652 se engadiu a rica herdanza da nai de María, quen, como titora das súas irmás, meteunas monxas e apartou do negocio a Filipe. e, sobre todo, pasou a controlar a rede dos Calo-Temes, baseada no parentesco, na propiedade de oficios e cargos municipais e na curia arcebispal, e nas inversións e operacións financeiras e de crédito. María tiña no Ribeiro ourensán terras, casas, bodegas, lagares, e cobraba rendas en Montaos e en Santiago, pero era o negocio dos cartos o que lles reportaba enormes beneficios.

o maior éxito para María e Martín foi acadar importantes encargos da XRGZ e a recadación de impostos, pero el morre o 9xul1654, sen tempo máis que para nomear a María titora dos seus fillos, Antonio, de catro anos, e Ignacio, de un. deixouna usufrutuaria de todos e testamenteira, nisto xunto con Ambrosio, irmán de Martín. María nom cumprira os 25 anos. quedaba arrodeada de riqueza; a casa familiar da rúa Nova estaba chea de mobles de madeiras exóticas, cadros, xoias, diñeiro en ouro e prata; varios criados atendían a vida e nas oficinas traballaban axentes e secretarios; en Madrid tiña outro equipo. Ambrosio levaría a xestión do negocio e dos cargos que comprara Martín, unha rexedoría no concello de Santiago e o posto de alguacil maior da Coruña.

pero María nom era quen de deixarse mandar e, por desacordos con Ambrosio, en 1659 rompeu con el e pasou a Madrid, onde estivo tres anos para negociar por si mesma os contratos do Consello de Facenda e controlar os preitos con acredores e debedores. en Santiago deixou outro cuñado, Domingo de la Vega, que sempre lle foi fiel. en 1660, a casa cambiara de nome - era xa Calo-Vega-, e acadou o contrato de arrendamento das rendas reais en GZ. o éxito de María chegou á cima cando en 1673 foi nomeada pola XRGZ arquera (tesoureira) e apoderada dos intereses do Reino en Madrid. tempo despois, a X lembrará que 'en el tiempo que dichas rentas estuvieron por dona María de Calo se hallaban contentos los naturales y gozando sus conveniencias'.

cómpre nom esconder que Domingo asumira a rexeduría de Santiago e que chegou a ser deputado na X e que a rede de María estaba por todas partes. foi fundamental que a X se reunise en Santiago ao exercer o arcebispo don Andrés Girón como gobernador interino de GZ; que don Filipe Nogueira e Temes fose deputado e que soldos e gastos dos membros da X fosen pagados polos Calo-Vega. enténdese que tres deputados contrarios a ela cambiasen de opinión e votasen a favor do seu nomeamento como tesoureira e apoderada. a acta foi asinada o 23mai1673 e María amosou o seu agradecemento -e o seu orgullo- nunha carta moi calculada, como todas as que elas escribía.

para asegurar as operacións da casa Calo-Vega e o futuro dos seus fillos, ela pasara a vivir a Madrid. Ignacio estudara na Universidade de Santiago e na de Salamanca e tentou ser nomeado para postos en América, pero acabaría casando cunha rica herdeira; o pequeno, Antonio, faría unha gran carreira na Administración dos Borbóns. na súa casa da capital María estaba arrodeada de axentes e ela movíase polas oficinas de Facenda e polos consellos da monarquía tecendo unha rede de amizades e de socios. a súa actividade era frenética: cobros e pagos, informes, adianto de cartos. ela controlaba todo: a recadación de impostos en GZ e a representación desta ante a Administración da monarquía, o que aproveitou en interese propio, claro está.

na sombra estábase a formar a rede dos inimigos, entres eles o financeiro lugués Juan de Montenegro e o seu socio, don Diego Caballero -que traballaran para a casa Calo-, e o máis perigoso, Martín Gómez de Rioboo, deputado nas Cortes de Castela por GZ, antigo socio de Martín. tiña moitos máis entre os altos financeiros de Madrid e membros da nobreza. lonxe de ser unha vítima, era moi agresiva cos competidores e na defensa dos seus intereses, preiteando con todos, pagando os mellores avogados e mandando imprimir denuncias contra aqueles e incluso contra os xuíces.

as tornas cambiaron cando a X pasou de novo a reunirse na Coruña, presidida polo novo Gobernador. o 16dec1673 recibiuse a denuncia contra María por colusión; polos acordos pouco claros cos deputados. estes saíron na súa defensa 'por cuidar del alivio de los naturales' e 'ser persoa de grande satisfación', mentres que Caballero e Montenegro eran 'gente que jamás se sacia de la sangre de los pobres'. o 17feb1674 por petición de Gómez de Rioboo, a coroa prohibiu aos Calo pagar os soldos dos deputados, e aínda que a X denunciou a Rioboo, as cousas tocéronse. perderon a tesourería e o preito con Montenegro. a morte de Domingo de la Vega en 1678 puxo fin ao negocio.

María morreu o 19dec1682 en Madrid, moi rica e cos fillos ben colocados. en Santiago fíxose un funeral con moita pompa, pero nunca descansou na sepultura que mandara construír ao arquitecto Peña de Toro na igrexa de Salomé, presidida por unha estatua orante dela mesma. a capela dedicoulla a santa Teresa de Xesús, competidora do apóstolo Santiago no padroado, o que é irónico porque María, como recadadora dos impostos, pagara cada ano a ofrenda do rei do 25xul.

REFERENCIAS: Ofelia Rey de Castelao. 'María de Calo y Temes, mujer de negocios y arquera del Reino de Galicia en el XVII' OHM: Obradoiro de Historia Moderna, (32) (2023) - figura de Miguelanxo Prado (2026).

Ningún comentario:

Publicar un comentario