Offa's Dyke Clawdd Offa (galés) FONTE: wikipedia.es (Offa's Dyke) |
Offa non ataca
Gales, temeroso das montañas. no seu lugar decide construír unha muralla de
adobe ao longo de toda a fronteira cos galeses, excepto nas zonas nas que os
bosques serven de protección. acuña a súa propia moeda, imitando o feito en Kent anos antes en imitación franca.
Telerig acepta ser bautizado, e así alcánzase certa paz entre
búlgaros e Constantinopla.
frecuentes
revoltas en al-Andalus contra Corduba. Toletum e Caesaraugusta
proclaman emires independentes.
maio: asemblea
anual franca en Paderborn, territorio
saxón, onde son convocados e acoden numerosos xefes saxóns, que xuran lealdade
a Carlos. sen embargo, Widukindo non acode e refúxiase con Sigfred, xefe danés.
nesta mesma
asemblea os gobernadores de Caesaraugusta,
Hussain ibn Yahya al-Ansari e de Barcino, Sulayman ibn al-Arabi, partidarios dos abbasí, demandan axuda de Carlos fronte ao emir de al-Andalus.
Carlos ordena
construír unha igrexa e un palacio real en Paderborn.
Ambrosius Aupertus, franco, é elixido abade de Volturno. a elección recaerá durante
certo tempo alternativamente nun lombardo e nun franco. o mosteiro ocupa unha
posición estratéxica, na fronteira entre lombardos, francos e as posesións do
bispo de Roma.
Telerig debe
refuxiarse en Constantinopla, sendo sucedido por Kardam, como khan
búlgaro. bautízase e casa cunha princesa grega, obtendo o título de patricius.
Abd al-Rahman ibn Rustam é recoñecido
como imán polos ibadis no Magreb.
Tassilo III de Baviera funda a abadía Kremsmünster, que recibe a doazón do 'cáliz de Tassilo' por parte da súa muller, Luitpirga.
Ningún comentario:
Publicar un comentario