martes, 19 de xullo de 2016

2000 esqueletes


un libro da historia da mediciña mostra
estruturas de madeira usadas para inmobilizar
pernas rotas na antiga Roma
www.ansa.it
os romanos coñecían bem as técnicas de curación das fracturas óseas; constátanse tamén as duras condicións de vida da poboación.

a artrose era moi frecuente e chegaba cedo, aos 30 anos aproximadamente, como media. Os artellos resentíanse da terrible carga de traballo á que era sometido o corpo; probablemente nom había medidas de prevención nin cura.

as fracturas eran recompostas sen intervención cirúrxica e as extremidades eran 'engaioladas' en estruturas de madeira.

estes e outros datos aparecen en Bones: Orthopaedic Pathologies in Roman Imperial Age (Osos: patoloxías ortopédicas na idade imperial romana). O estudo, o maior no seu xénero, foi realizado sobre máis de 2000 esqueletes por un equipo de ortopedistas, antropólogos radiólogos e historiadores da mediciña. Presentado e supervisado por Andrea Piccioli, ortopedista oncolóxico, a doutora Silvia Spinelli e outros.

os individuos examinados foron atopados en varias campañas científicas nas necrópoles da zona de Roma. Para o seu estudo usáronse exames fotográficos completados con modernas ténicas de imaxe (como o TAC), para avaliar lesións imposibles de detectar con anterioridade.

'algúns achádegos son tan particulares que permitiron ampliar o noso coñecemento das técnicas de curación dos osos. A colaboración de historiadores da mediciña permitiunos analizar a evolución dos coñecementos médicos e ortopédicos da época da Roma imperial', Piccioli. 'Eran mulleres e homes acostumados a vivir e traballar convivindo a miúdo con enfermidades dorosas e incapacitantes. Hoxendía é imposible sequera facernos unha idea de como era vivir con aqueles sufrimentos físicos'.

fontes: la túnica de neso

Ningún comentario:

Publicar un comentario